Padrón, 27 de agosto do 2021 – O futuro da locomotora “Sarita” que se garda na Fundación Camilo José Cela de Padrón podería estar no Museo do Ferrocarril de Vilagarcía.
O concello Pontevedrés iniciou os trámites coa Fundación de Ferrocarriles para conseguir a cesión e comprométese a restauración da “Sarita”.
Os comezos do ferrocarril en Galicia
Sarita chamábase en realidade Sar, polo río, pero a súa popularidade acabou por ter o actual alcume. Sarita foi a primeira máquina de tren en Galicia unindo os concellos, por aquel entón, de Conxo e Carril ou o que sería hoxe en día Compostela e Vilagarcía.
O seu último traxecto foi en 1935. Posteriormente foi comprada polo abó de Camilo José Cela, John Trulock, e acabou pertencendo á Fundación de ferrocarriles que a cedeu a Fundación situada en Iria para expoñela.
Na actualidade está cuberta por unha lona. O concello de Vilagarcía xa hai tempo que intentara a cesión para revitalizar o Mufevi, O Museo do ferrocarril de Vilagarcía, situado na antiga estación a onde chegaba Sarita e que se espera reabrir antes de que acabe o ano. A locomotora estivo por última vez na vila en 1968, participando en Fexdega.
Preocupación nas redes padronesas
A páxina de Facebook Actualidade de Padrón mostraba onte a súa preocupación por que a locomotora salgada vila. Lembraba que na Fundación camilo José Cela tamén estivo a locomotora Sestao que acabou no museo de Ponferrada “pois a Fundación de Ferrocarriles Españoles considerou que o abandono ao que estaba sometida en Padrón podía facer que quedase reducida a óxido para sempre. E un ano despois, no 2019, levouse igualmente o vagón que acompañaba ás locomotoras, que acabou no museo de Salamanca, por idéntico motivo”.
