займ срочно

Carbia deféndese reuniuse coa veciñanza sobre o estado de tramitación dos parques eólicos

0

Vila de Cruces, 15 de xuño do 2022 – A asociación Carbia Deféndese ven de manter unha nova xuuntanza veciñal na que se tratou o estado actual dos 3 parques que afectan á parroquia.

A reunión serviu para definir a alegación, que Carbia Deféndese presentará, contra a liña de evacuación dos parques eólicos Cunca e Rodeira.

Desde o colectivo explican que continúan reclamando toda a información de todos os proxectos no rexistro municipal “Dita información foi solicitada dende o mes de  novembro a modo individual e dende marzo en nome da asociación sen obter aínda resposta a ditas peticións”.

Carbia Deféndese ínsta a unha nova reunión o alcalde de Vila de Cruces, Luís Celso Taboada, con fin de que informe á veciñanza “tal como se acordara na praza do concello o 30 de Xullo do 2021, e que esta reunión tería lugar en Carbia despois do 15 de Agosto e que aínda non se levou a cabo”.

A asociación engade que seguirán mantendo unha actitude de colaboración co equipo de goberno pero “é consciente o mesmo tempo, de que non se están a levar a cabo ditos acordos e polo tanto non sabe ata que punto poderá manter esta actitude, despois de case un ano dende a última reunión sen obter resposta”.

Na reunión mantida os veciños decidiron ademais invitar as 4 forzas políticas do concello (PP, PSOE, BNG e Xuntos polo noso concello) a manter reunións por separado diante da veciñanza de Carbia. Con estas reunións, o que se pretende é facer unha fronte común contra este modelo de produción de enerxía eólica “que arremete contra a produción agraria, forestal e merma de forma evidente a saúde das persoas e dos ecosistemas que nutren de forma significativa os acuíferos da parroquia de Carbia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies