Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vila de Cruces
  • Xeral

Denuncian os continuos vertidos no río Deza

via de cruces bng vertidos deza SLIDE 9 setembro 2025

O BNG de Vila de Cruces denuncia os continuos vertidos no río Deza e pide medidas urxentes ás administracións. Os nacionalistas piden colaboración aos concellos da contorna.

O Bloque Nacionalista Galego de Vila de Cruces ven de expresar a súa preocupación polos vertidos detectados no río Deza, visibles en diferentes puntos do municipio e especialmente preocupantes pola súa repetición ano tras ano.

A aparición de escuma e restos contaminantes supón un risco para o ecosistema e para o aproveitamento social e económico do río. Segundo sinala Alejandro Fiuza, portavoz do BNG de Vila de Cruces “É inaceptable que, cada ano, asistamos a episodios de vertidos sen que se adopten medidas contundentes. A saúde do río Deza e o benestar da nosa veciñanza están en xogo.”

A formación lembra que a situación repítese constantemente, sen que as administracións con competencias ambientais (Xunta, Confederación Hidrográfica e Concellos) poñan en marcha actuacións que atallen a orixe do problema.

Segundo Fiuza “Non chega con abrir expedientes: é necesario un plan integral de control e saneamento que inclúa inspeccións periódicas, sancións a quen contamina e investimentos en depuración”.

 O BNG reclama ademais que o Concello actualice de inmediato a sinalización da calidade da auga na área da Carixa, para evitar mensaxes enganosas á veciñanza e visitantes. Que os restantes concellos polos que discorre o Deza e os seus afluentes adopten medidas semellantes e investiguen posibles focos de contaminación, especialmente ante as sospeitas de que os vertidos poidan proceder dunha EDAR que non funciona correctamente.

A formación nacionalista comprométese a levar esta problemática aos plenos municipais, ao Parlamento Galego e ao resto de órganos supramunicipais correspondentes, co obxectivo de que o Deza recupere a súa saúde ecolóxica e continúe a ser fonte de vida e riqueza para o territorio.

Post navigation

Previous: O Centro Xove sube o nivel
Next: Este venres comeza a oitava edición do WOS Festival

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.