займ срочно

Demandan melloras nos colexios de Vila de Cruces

0

Bisbarra, 12 de setembro do 2022 – O BNG de Vila de Cruces demanda unha reunión coa Consellería de Educación para denunciar o estado no que se atopan as infraestruturas educativas do concello.

O voceiro nacionalista en Vila de Cruces, Alejandro Fiuza, explica que “Os centros educativos sofren o abandono do goberno local e tamén da Xunta. Ignóranse problemáticas históricas demandadas polas familias usuarias durante décadas, e que cada ano os nacionalistas presentan en forma de enmendas aos orzamentos da Xunta”.

O BNG explica que tras o peche do CEIP de Merza, Vila de Cruces conta cun centro rural, o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, “con parte das instalacións deterioradas debido ao abandono de Xunta e Concello”.

Engaden que sucede o mesmo co CEIP Nosa Señora da Piedade “No que o goberno local deixa escapar oportunidades de financiamento como a subvención das pistas multideportivas, por falta de previsión e preocupación”.

Dende o BNG piden ao alcalde de Vila de Cruces,  Luís Taboada, que solicite, de xeito urxente, á Consellaría de Educación  unha reunión coa representación de todos os grupos da corporación.

Os nacionalistas expoñen problemas como as instalacións do Pavillón do CEIP Cerdeiriñas, a instalación das tubarias, o cambio das ventas con amianto, o acceso á pista deportiva… así como melloras para o acceso aos centros, xa que a distancia que o alumnado ten que percorrer é o suficientemente longa para coller boas molladuras durante o inverno.

Á súa vez, o BNG reclama explicacións ao grupo de goberno pola nula xestión no peche do CEIP de Merza. Polo que o grupo do BNG demanda a negociación coa Xunta para a concesión das instalacións, co fin de darlle unha segunda oportunidade ao centro, consensuada coa veciñanza e asociacións.

Fiuza di que “O BNG defende un rural vivo, con colexios adaptados ás necesidades do século XXI, e edificios públicos útiles para a veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies