Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vila de Cruces

Novas queixas polas averías da barcaza de Portodemouros

O BNG de Vila de Cruces denuncia os constantes problemas do servizo da barcaza de Portodemouros e pide responsabilidade
vila-de-cruces-queixa-barcaza-slide-1-xunho-2022_r

Vila de Cruces, 1 de xunho do 2022 – O BNG de Vila de Cruces denuncia os constantes problemas do servizo da barcaza de Portodemouros e pide a Xunta e empresa concesionaria responsabilidade.

A barcaza estivo parada entre o 25 e 27 pasados cunha nova avaria. O acceso dun tractor provocou a rotura dunha botella hidráulica polo exceso de peso. Que o ferri non cumpre coas condicións necesarias para o servizo é unha das denuncias recorrentes da veciñanza.

Os nacionalistas engaden que unha avaría non pode deixar sen servizo aos usuarios durante dous días. Piden que o servizo técnico dobre as quendas en estes casos para poder solucionar os problemas no menor tempo posible.

O deputado do BNG Xosé Luis Rivas Cruz realizou unha serie de preguntas á Consellería de Infraestruturas  sobre as melloras e mantemento do servizo. Tras recibir a resposta explica que, ao seu xuizo, non se está a facer seguimento do traballo da empresa ou si se está a facer “a Xunta mira para outro lado”.

O parlamentario explica que as rampas de acceso non compren coas medidas necesarias nin de ancho nin de longo. Tampouco é suficiente a iluminación colocada pola empresa do lado do concello de Santiso, xa que na marxe de Vila de Cruces o acceso de embarque segue a día de hoxe totalmente a escuras.

Dende o BNG esixen responsabilidade ante a perigosidade do acceso á barcaza. Demandan ademais que a Xunta se asegure de manter o servizo as 24 horas dos 365 días do ano, tal como establece o acordo.

O voceiro nacionalista en Vila de Cruces, Alex Fiuza, pide responsabilidade ao alcalde Luis Taboada, que” ten totalmente esquecida á veciñanza de Loño e Arnego con este asunto, a única resposta que reciben del é que hai que facer unha manifestación, polo que dende o BNG pedimos ao alcalde que actúe en consecuencia ao cargo que ocupa, e faga caso das demandas”.

Post navigation

Previous: Novo equipamento para o GES de Brión
Next: Ratificada a condena a catro Garda Civís por abusos a un compañeiro en Noia

Máis novas

vila de cruces barcaza de portodemouros 14 outubro 2025
3 minutes read
  • Arzúa

Seguen os problemas coa barcaza de Portodemouros

via de cruces bng vertidos deza SLIDE 9 setembro 2025
2 minutes read
  • Vila de Cruces

Denuncian os continuos vertidos no río Deza

mina-touro-rolda-prensa-slide-14-novembro-2018_r
3 minutes read
  • Arzúa

A Mina de Touro revive

adega-paralizacion-eolico-deza-slide-18-xunho-2024_r
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización do TSXG dun polígono eólico

val-do-dubra-novo-servizo-de-estimulacion-slide-9-abril-2024_r
2 minutes read
  • Axenda

Val do Dubra terá servizo de estimulación para persoas con demencia

preocupacion-do-ulla-polas-macroplantacions-de-vide-slide-27-novembro-2023_r
3 minutes read
  • A Estrada

Preocupación no Ulla polas plantacións intensivas de D.O. Rías Baixas

adega-dia-das-montanhas-a-banha-slide-normal-12-decembro-2022-(2)_r
3 minutes read
  • A Baña

Novas manifestación en contra dos proxectos eólicos

vila-de-cruces-descontrol-no-gasto-slide-11-novembro-2022_r
1 minute read
  • Vila de Cruces

Denuncian o abandono da Casa da Carixa en Vila de Cruces

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.