Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

VIII Xornadas de Exaltación do Berberecho en Noia

Unha festa degustación solidaria na Alameda será un dos actos centrais das Xornadas de Exaltación do Berberecho en Noia

noia festa do verberecho 10 decembro 2025

O Concello de Noia celebra este domingo 14 de decembro a VIII Edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho, cunha gran festa degustación popular na Alameda, que dará comezo ás 13.00 horas.

O evento, aberto a toda a veciñanza e visitantes, terá un donativo de 5 euros, que será destinado integramente a Cáritas e Cruz Vermella. A degustación incluirá unha coidada selección de elaboracións tradicionais: empanadas de trigo, empanadas de millo e arroz con berberechos, poñendo en valor un dos recursos marisqueiros máis emblemáticos da ría de Muros-Noia.

Esta celebración estaba prevista inicialmente para novembro, pero tivo que ser adiada por mor da presenza de toxina, polo que agora se retoma unha vez garantidas todas as condicións sanitarias para o consumo do produto.

O Concelleiro do Mar, Manolo Seijas, destacou que “esta festa é unha homenaxe ao traballo do sector marisqueiro e unha oportunidade para que a xente coñeza e deguste un produto de máxima calidade como é o berberecho de Noia, ademais cun claro compoñente solidario”. 

Pola súa banda, o Secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia, Adelo Freire, lembrou que “estas xornadas son froito do esforzo conxunto do sector, das institucións e da veciñanza, e serven para reivindicar o valor económico, social e cultural do mar en Noia”.

Freire engadiu que “o berberecho é identidade, tradición e sustento para moitas familias, e iniciativas coma esta axudan a visibilizar ese labor”.

Desde a organización anímase á participación masiva neste evento festivo e solidario, que combina gastronomía, tradición mariñeira e compromiso social, convertendo a Noia, unha vez máis, en referente da exaltación do seu produto estrela.

Post navigation

Previous: Negreira ofrece un Nadal deportivo
Next: Reforzo de atención especial no CPI Viaño Pequeño

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.