Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

A Vía Verde pensa xa en chegar a Coruña

Responsables do concello de Compostela e da Deputación visitaron as últimas obras e pensan xa en como ampliar a Vía Verde

deputacion compostela via verde 13 maio 2026

Compostela, 13/05/2026 – A Deputación da Coruña e o Concello de Santiago realizaron unha visita institucional ás obras do último treito da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.

A visita á Vía Verde comezou na antiga estación da Sionlla e rematou no túnel do tramo A Sionlla-As Pereiras. Na visita participaron o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o deputado de Patrimonio, Xosé Penas; o deputado de Deportes, Antonio Leira, e o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez. Neste treito estiveron acompañados por persoal da dirección de obra e da empresa contratista.

Xosé Regueira, asegurou que «o reto inmediato é rematar a obra na súa totalidade» e definiu a infraestrutura como «un dos elementos de turismo singulares e diferenciadores con outros territorios».

O vicepresidente explicou que a Vía Verde «ten moitas caras», entre elas a mobilidade sustentábel entre a capital galega e a capital provincial, a recuperación da antiga estación da Sionlla como patrimonio industrial ou a redución da pegada de carbono mediante a conexión con espazos como o polígono industrial.

Indicou tamén que a visita permitiu coñecer sobre o terreo a realidade das obras e os imprevistos xurdidos durante a execución, como a caída de cascallos desde a bóveda dun dos túneles. «Agardamos resolver as dificultades que apareceron e que a Vía Verde sexa unha realidade para Compostela xusto á porta do Ano Xacobeo», afirmou.

En relación cos prazos, lembrou que o vindeiro 31 de maio conclúe o Plan de sustentabilidade turística en destino, polo que considerou necesario rematar «canto antes a obra», marcando outubro como o horizonte máis realista.

A alcaldesa de Santiago destacou que dos 36,5 quilómetros da senda, 13 discorren polo termo municipal compostelán. Tamén salientou a relevancia dunha actuación que supera os 2,2 millóns de euros de investimento, dos que o Concello achega 444.000. «Estamos a falar dun investimento moi importante que vai ser unha mellora do punto de vista de sustentabilidade ambiental, deportivo e dinamización económica para todas as parroquias da zona norte de Santiago», afirmou.

O reto de unir A Coruña con Santiago

Sobre os proxectos de futuro vinculados á Vía Verde, Goretti Sanmartín considerou que, unha vez rematados os traballos actuais, «deberemos comezar a falar nalgún momento da unión definitiva co polígono, queda pouco máis dun quilómetro para facelo realidade; ou tamén a recuperación da vella estación da Sionlla».

A futura conexión coa Coruña foi outro dos asuntos abordados durante a visita. Regueira definiuna como «o reto definitivo» dunha infraestrutura que en breve unirá Cerceda con Santiago. «Conectar sustentabelmente a cidade da Coruña con Compostela, a capital provincial coa capital galega, ese será o reto definitivo», afirmou.

O vicepresidente recoñeceu as dificultades do proxecto, pero defendeu que «os obxectivos políticos tamén están para salvalas», lembrando ademais que xa existen concellos que apoian unha ampliación de preto de vinte quilómetros máis. «Nós non queremos renunciar aos retos por difíciles que sexan», concluíu.

Post navigation

Previous: Teatro do Noroeste estrea “Polo de Franco”
Next: A Deputación da Coruña está apoiando aos 93 concellos no proceso de regularización

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.