Compostela, 13 de xullo do 2017 – Hoxe o Vía Sacra Fest acolle a partir das seis da tarde un concerto dos belgas Wouter Vandenabeele e Jeroen Knapen.
O Vía Sacra Fest e o festival do verán que se celebra na terraza da Vía Sacra e que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou,
Vandenabeele Knapen é un dúo que chega desde Flandes cun proxecto que integra composicións e improvisacións e que bebe da worldmusic, do jazz, do folk, da música turca ou grega.
Despois de xirar por Bélxica, Países Baixos, Portugal, Francia, Italia ou Escocia, Wouter Vandenabeele (violín) e Jeroen Knapen (guitarra) chegan ao Vía sacra Fest para mostrarnos unha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados que invitan a danzar.
