Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Verto, Triska e Sondarúa no SolporSon de Ames

O Campo da festa de Biduído en Ames acollerá o vindeiro venres día 18 o SolporSon 2021 desde as nove e media da noite.
ames-solporson-slide-2-11-xunho-2021(2)_r

Ames, 11 de xuño do 2021 – O Campo da festa de Biduído en Ames acollerá o vindeiro venres día 18 o SolporSon 2021 desde as nove e media da noite.

Verto, SonDaRúa e o grupo local Triska serán os protagonistas de este festival. SolporSon é unha iniciativa da Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística. Os convites pódense reservar desde este xoves, as entradas son limitadas por aforo reducido, na web woutick.es.

Tras a cancelación do festival en 2020 por mor da pandemia, este ano retómase  no campo da festa de Biduído. O lugar foi elixido por estar a carón da Factoría, o local onde ensaia un dos grupos que forman parte do cartel: Triska. O recinto estará pechado e o evento cumprirá todas as medidas de prevención da COVID.

As “portas” abriranse ás 20.30h. As persoas que adquiriran o seu convite e non se presenten ao concerto antes das 21.30h perderán o dereito de entrada, e poderán adquirila no momento as persoas que ata alí se acheguen.

Triska será o primeiro grupo que subirá ao escenario. 3 mozos de Ames con influencias da música dos 70 e 90, cun estilo propio que mestura rock, funky e incluso heavy.

SonDaRúa é un grupo de rap galego formado en Ponteareas en 2016, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos a través de hip hop reivindicativo, de crítica social e política.

Pecha o cartel Verto, un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Está composto por Alberto Mira “Berto” e Fernando Peleteiro “Fer”. Considerados un dos grupos máis influentes na creación de música pop en galego.

A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, explicou que “na procura de novas iniciativas para a mocidade naceu o SolporSon de Ames no 2019; un festival, organizado dende o departamento de mocidade, que xurde das xuntanzas que se mantiveron cos mozos e mozas no marco da Comisión de orzamentos participativos”. 

Post navigation

Previous: Cultura para as parroquias de Brión
Next: Piden que non se elimine un aparcadoiro público na Estrada

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.