Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Vertixe Sonora nas Xornadas de Música Contemporánea

compostela-xornadas-musica-contemporanea-vertixe-sonora-slide-25-xunho-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 25 de xuño do 2019 – Coa proxección de Las Hurdes: Tierra sin pan de Luis Buñuel, Vertixe Sonora e a voz de María lado presentan Traces II (la cabra), terceira das películas do cineasta aragonés sonorizadas polo compositor arxentino Martin Matalon.
    • Aglaya González
    • VERTIXE SONORA –

Compostela, 25 de xuño do 2019 – Coa proxección de Las Hurdes: Tierra sin pan de Luis Buñuel, Vertixe Sonora e a voz de María lado presentan Traces II (la cabra), terceira das películas do cineasta aragonés sonorizadas polo compositor arxentino Martin Matalon.

A cita será no Auditorio de Galicia a partir das oito e media da tarde. Vertixe Sonora terá a Aglaya González á viola e a introdución correrá a cargo de José Luís Losa. María Lado será a narradora.

Aglaya González

Debuta como solista aos 16 anos coa Orquesta Sinfónica de Castilla y León. Realiza numerosos recitais en España, Alemaña, Italia, Francia, Holanda, Suiza, Noruega, Israel e Estados Unidos. Especialízase en música de cámara antiga e contemporánea. É membro cofundador do AMÉI Quartett e do Ensemble Tempus Konnex e colabora asiduamente con grupos de música contemporánea como o Ensemble Modern, Ensemble Reherche, Vertixe Sonora e Klangforum Wien. Toca ademais a vihuela, viola barroca e viola d’amore en Darmstädter Hofkapelle, Capella Academica Frankfurt, Bachorchester Wiesbaden, Freiburger Bachorchester ou Le Concert Lorrain. Inicia os sus estudos de viola no Conservatorio de Ponferrada e con só catorce años é admitida na Cátedra de Viola da Escuela Superior de Música Reina Sofía onde perfecciona co mestre Gérard Caussé. Gradúase nas especialidades de Viola e Pedagoxía de Viola no RCSMM para continuar a súa formación realizando o Postgrao de solista ‘Viola Performer Diploma’ co profesor Atar Arad na Universidade de Indiana. Foi bolseira do Ensemble Modern para realizar o seu Mestrado en Música Contemporánea, completa o Mestrado ‘Viola Solist’ con Ch. Desjardins e D. Poppen en HfM Detmold e o Mestrado en interpretación histórica con B. Fork, M. Karkow e . Müllejans na HfMDK Frankfurt, obtendo as máximas calificacións. É Doutora en Música (tradución e comunicación multicultural) pola Universidad Alfonso X.

Cartel concerto Vertixe SonoraActúa en muerosos festivais e participa como viola principal en numerosas orquestras e foi membro de orquestras como a Gustav Mahler Jugendorchester, IU Baroque Orchestra, IU New Music Ensemble e a Orquesta de Cámara Sony. Colabora habitualmente coa orquesta de RTVE, Frankfurter Opern- und Museumsorchester, Orquesta Sinfónica de Madrid, Orquesta Nacional de España y Ensemble Modern Orchester, entre outras orquestras. Como músico de cámara é fundadora dos cuartetos Adlibitum e Cariatide, Detmolder Klavierquartett, Smile trio, Duo A + A e comparte escenario con intérpretes de renome internacional como Garth Knox, Claudio Martinez-Mehner, Peter Orth, Piotr Oczkowsky, Xenia Jankovich, Hagai Shaham, Hillel Zori y Marco Ricci. Foi galardoada con numerosos premios como o Nacional de Música de Cámara Yamaha-Hazen, VI Concurso Internacional de Música Villa de Llanes, Certamen Jóvenes Intérpretes de Ibercaja, Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de JME, 18 Concurs Josep Mirabent i Magrans, Jacobs School of Music’s 2010 Travel Grant Competition, Jacobs School of Music’s annual Viola Concerto Competition, Kammermusikpreis2012 der Polytechnischen Gesellschaft Frankfurt e Förderpreis Boris Pergamenschikow. Aglaya foi bolseira da Fundación Albéniz, AIE, Juventudes Musicales de Madrid e a fundación Alexander von Humboldt.

VERTIXE SONORA –

Presentación: José Luis Losa

Las Hurdes (Terre san pain) (1932)

Dirección                                Luis Buñuel

Axudante de dirección          Pierre Unik, Rafael Sánchez Ventura

Produción                              Ramón Acín Aquilué

Guión                                      Luis Buñuel, Pierre Unik, Julio Acín

Son                                        Charles Goldblatt, Pierre Braunberge

Fotografía                              Eli Lotar

Montaxe                                 Luis Buñuel

Duración                                 27 min

Música e adaptación dos textos: Martin Matalon

Traducción ao galego: Auditorio de Galicia

Martín Matalon (Arxentina, 1958)

TRACES II – La cabra (2005)

viola e dispositivo electrónico en tempo real

Post navigation

Previous: Peregrinos Musicais chega a 9º edición
Next: 3 citas co Cine de Verán na Baña

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.