Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela

Verticais na Zona “C”, unha instalación de Brais Rodríguez

brais-rodriguez-zona-c-slide-28-marzo-2019-(2)_r

Compostela, 28 de marzo do 2019 – Como gañador do accésit do Décimo premio Auditorio de Galicia para novos artistas, Brais Rodríguez abre na Zona “C” de Compostela a instalación denominada Verticais.

Trátase dun traballo creado de forma específica para este espazo. Verticais inaugúrase esta tarde as sete e media e poderá visitarse ata o 26 de maio en horario de 16.00 a 20.00h (luns permanecerá pechada). Na presentación estará acompañado da Concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.

O traballo é dunha organización ‘milimétrica’ que sitúa a man do artista nas paredes da Zona “C” nun traballo de lápis sobre papel que pode ser percibido polo espectador/a a modo de trampantoxo, case como un traballo de impresión mecanizado que recorre o lenzo branco. ‘Verticais’ é un conxunto modular de debuxos ordeado de modo secuencial. A organización dos módulos acepta outras disposicións. Cada módulo é múltiple e alterable. Cada módulo ten un tamaño de 450 milímetros de alto e de 320 milímetros de ancho e unha gramaxe de 350 gramos por metro cadrado. A superficie soporta lapis e tinta chinesa. Dentro do marco limitado por 20 milímetros en cada lado trázanse liñas en orientación vertical. A forma das liñas verticais varía en cada módulo o seu grosor e a súa ondulación. O grosor da mancha e da súa separación pode alternar entre os 20 milímetros e os 0,5 milímetros. O radio da curva de ondulación oscila entre 0 milímetros e 85 milímetros.  Os módulos están dispostos sobre unha parede vertical. Están ordeados ortogonalmente en 5 filas de 33 columnas e mantéñense separados por 10 milímetros en cada dirección.

Brais Rodríguez (Brión, A Coruña, 1980) é licenciado en Belas Artes pola  especialidade de pintura. Nos últimos anos autoeditou os seus traballos de cómic en fanzines como Sombra, La chica con el sol en su cabeza ou Onde estás? na editorial Carne Líquida, desenvolvendo as posibilidades formais do debuxo, a collage ou a abstracción neste medio. 

Participou en mostras como A arte no cómic, SQUEEZE-OH!: Cómic Contemporáneo Gallego, 20 años de cómic Injuve, Salón internacional de historieta de Bos Aires, Salón internacional de cómic de La Paz e festivais de autoedición como Graf, Gutter ou Elcaf. No ámbito da pintura e do cómic as súas obras recibiron axudas de de Novos Valores, premio Castelao de banda deseñada, Injuve, Valenciacrea,  Premio de artes plásticas Auditorio de Galicia ou Fadip.

Post navigation

Previous: Mamá Cabra presenta ‘Eu cociño. Ti cociñas?’ en Compostela
Next: A USC inaugura a mostra Máis alá do estereotipo da artista Mery Pais

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.