Ordes, 2 de marzo do 2017.- A concelleira e voceira municipal socialista en Ordes, Verónica Gómez, presentou esta mañá a súa renuncia ao cargo de concelleira por motivos persoais que lle impiden atender as obrigas propias do cargo coa dedicación que tal responsabilidadae conleva.
Verónica Gómez comunicou a renuncia de acordo ao disposto na lexislación vixente para que se proceda ao seu relevo mediante os candidatos seguintes da lista do PSOE de Ordes.
A concelleira meditaba a renuncia hai tempo debido a dificultade de combinar as ocupacións persoais coas públicas. O pleno de Ordes e a actitude do alcalde acabaron por decidila
A situación do concello de Ordes resulta moi complexa e Verónica Gómez explica que si sempre é necesario o diálogo moito máis cando o goberno so ten 5 de 17 concelleiros
A renuncia de Verónica Gómez é estrictamente persoal pero engade un capítulo máis na complexa situación do Psoe a nivel nacional ou rexional con xestoras dirixindo o partido, ou en Compostela con un concelleiro menos por diverxencias internas. A ordense prefire centrarse no local e confiar en quen a sustitúa.