Lousame, 22 de decembro do 2020 – Froxan, en Lousame, acolle de novo este sábado ao colectivo Verdegaia para unha xornada de deseucaliptización.
A chamada “roga San Silvestre” continuará e consolidará os traballos de deseucaliptización levados a cabo na Área Conservada pola Comunidade de Montes de Froxán.
Desenvolverase de xeito coordinado, nunha extensión ampla que permitirá gardar as distancias persoais. A roga comezará ás 10 da mañá e terá como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán, tamén coñecido como “As Minas de San Fins”.
Para participar é imprescindíbel estar inscrito como brigadista cubrindo este formulario se non se fixo anteriormente. Hai que avisar de que se irá enviando un correo a info@montescola.org, como moi tarde o 24 de decembro. As prazas estará limitadas e a inscrición será por orde de recepción dos correos.
Sabia para os participantes
Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais. Búscase fomentar o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.
A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.
Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.