Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Ven a limpar as praias

ADEGA impulsa preto de 40 limpezas simultáneas de praias esta fin de semana en Galiza

muros-limpeza-praias-slide-10-xaneiro-2024_r

Bisbarra, 15/10/2026 – A asociación ecoloxista ADEGA pon a punto a XV Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar nun total de 22 concellos da costa galega ao longo desta fin de semana, 16, 17 e 18 de outubro, baixo o lema “Únete á marea!”.

Participarán case 40 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino… Algúns deles xa son participantes asiduos neste tipo de limpezas de praias, mais tamén hai novas entidades que se suman agora por primeira vez a esta gran convocatoria do voluntariado galego.

Son chamados a participar nesta cita anual centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares. As limpezas mobilizarán numeroso voluntariado ambiental que se desprazará a praias de toda a costa galega para contribuír a deixalas libres de lixo.

Mapa de limpeza de praias

Para facilitar a inscrición de persoas, ADEGA pon a disposición un mapa con todas as convocatorias previstas ao longo de Galiza. Aquelas que estean impulsadas por grupos abertos que permitan inscrición contarán coa información de contacto necesaria para unirse á limpeza; e nas redes sociais de cada entidade organizadora tamén estará dispoñible a toda a información.

ADEGA chama a todas as persoas que queiran participar nesta gran xornada de voluntariado a procurar no mapa a súa praia máis próxima e a contactar coa asociación ou concello que organiza a limpeza nela.

As limpezas serán ecolóxicas, non mecanizadas, e tratarán de eliminar boa parte dos residuos que están nas praias, coa idea de chamar a atención da sociedade sobre a contaminación procedente de terra adentro.

As principais causas desta problemática ambiental nas praias e no litoral débense situar no modelo de consumo e produción baseado no “usar e tirar”, na deficiente xestión dos residuos que xeramos e na falta de concienciación dalgúns sectores da poboación.

Todo iso provoca que, cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedentes, en parte, da industria do mar (pesca, extraccións…), pero tamén dos nosos fogares.

Nesta 15ª edición, colaboran na Limpeza Simultánea de Praias os concellos de Ares, Cangas, Fene, Muros, Nigrán e O Grove.

Post navigation

Previous: Centilitrosmetrocadrado, gañadores do premio “Luis Seoane” de deseño da Deputación
Next: A igrexa tamén pensa en vivenda

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.