Bisbarra, 16 de febreiro do 2023 – A canteira de Niveiro, en Val do Dubra, non debería ser un vertedoiro por “seguridade xurídica” segundo a Comisión parlamentaria á que levou o tema o grupo socialista.


A parlamentaria Noa Díaz preguntou polo proxecto na Comisión 6º de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Díaz lembrou que tras preguntar hai un ano por este tema, sen obter resposta, e ter que esperar ata o mes de maio para acceder ao expediente completo, agora existen rumores dun novo proxecto de vertedoiro.
Pablo fernández Vila, Director Xeral de planificación enerxética e recursos naturais, foi o encargado de responder e comezou dicindo que é obrigatorio restaurar a zona antes do peche dunha canteira. Asegurou que polo momento non hai ningún novo proxecto. Fernández Vila engadía que desde o concello emitiuse un informe que indica que non legalmente non é viable o vertedoiro, un informe que foi recorrido
Noa Díaz cualificou a resposta de “técnica” e pediu que se aclarara a cuestión xa que a situación en outros concellos da a sensación de que o uso de vertedoiros e algo apoiado desde a Xunta
O Director Xeral na segunda quenda lembrou que non é a administración autonómica a que ten que resolver o recurso. Engadiu que a día de hoxe o proxecto non podería ser autorizado e quedaría arquivado
O arquivo do recurso presentado e da solicitude presentada no seu día suporían unha tranquilidade para a veciñanza de Niveiro. O propietario da antiga canteira terá que presentar un novo plan de restauración antes de pechar a explotación pero o informe emitido pola arquitecta municipal evidencia que, coa normativa urbanística actual, a instalación dun vertedoiro non sería legal.
A representante socialista Noa Díaz emprazou ao goberno galego a buscar novos proxectos de rehabilitación de canteiras que non consistan soamente en empregalas como vertedoiro e que “tomen exemplo” doutros países europeos onde hai diversos usos que lle dan moito máis “moderno e respectuosos co medio ambiente”.