Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra

Vedra acolle unhas xornadas sobre O Camiño Xacobeo Miñoto – Ribeiro

Vedra xornadas co camiño xacobeo slide 11 xullo 2017_r

Vedra, 12 de xullo do 2017 – Vedra acolle a vindeira fin de semana unhas xornadas sobre o Camiño Xacobeo Miñoto – Ribeiro que inclúen unha andaina ata Compostela.

O Camiño Xacobeo Miñoto – Ribeiro viña desde o norte de Portugal, partindo de Braga, ata Compostela. En el hai documentadas ata 8 igrexas dedicadas a Santiago, setes hospitais de peregrinos e 6 localizacións de augas termais. A intención da asociación que o promove e que sexa oficial de cara ao Xacobeo 2020.

O concello de Vedra organiza o venres 14 unha xornada a partir das oito e media da tarde na que se desenvolverá unha mesa redonda baixo o título ; O Camiño Real – Camiño Xacobeo Miñoto – Ribeiro ao seu paso polo concello de Vedra. No encontro participarán Castor Pérez Casal, licenciado en Xeografía e Historia, profesor do I.E.S: de Celanova e autor do libro  ” O Camiño Miñoto – Ribeiro”e Celia Alegre Maceira, licenciada en Xeografía e Historia, autora do libro ” Dar e concordar na Ulla do século XVIII”,  colaboradora en diferentes publicacións relacionadas co Val do Ulla e concello de Vedra, ámbolos dous son membros da Comisión de Investigación  Histórica do Camiño Miñoto -Ribeiro que contarán coa experiencia dos participantes do Campo de Traballo de Vedra este ano.

A xornada do venres se complementa o sábado 15 cunha andaina que sairá as 9 da mañá da Ponte de Sarandón, punto de entrada do camiño Xacobeo Miñoto – Ribeiro en Vedra, ata Santiago de Compostela

Para participar na andaina é preciso realizar inscrición no 981 814 691 ou  mandar un correo a cultura@concellodevedra.com .

Post navigation

Previous: Ordes preparase para a XXVI Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento
Next:  A Deputación da Coruña financia a reparación do campo de fútbol e as pistas de tenis de Arzúa

Máis novas

Imaxe do río na presentación do Goza do Ulla 2026
2 minutes read
  • Vedra

O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Visita de representantes da Deputación a Vedra
3 minutes read
  • Xeral

A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros

Auyotidades na Festa do Viño da Ulla
3 minutes read
  • Xeral

Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

vedra festa vinho da ulla 6 abril 2026
4 minutes read
  • Axenda

Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

Presentación XLVII festa do viño da Ulla
2 minutes read
  • Axenda

XLIV Festa do Viño da Ulla en Vedra

vedra xunta saf 1 marzo 2026
3 minutes read
  • Vedra

Medio millón de euros para o SAF de Vedra

Carlos-Martinez-alcalde-de-Vedra-slide-18-novembro-2021_4995_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra

BOQUEIXON VEDRA CORRENTES DO ULLA 28 MAIO 2025
4 minutes read
  • Vedra

Piragüismo, sendeirismo e voluntariado nas Correntes do Ulla

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.