Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra
  • Xeral

Vedra presentou as XVIII Xornadas Arredor da Camelia

O concello de Vedra ven de presentar unha das citas máis clásicas da bisbarra e que anticipan xa o final do inverno, as Xornadas Arredor da Camelia.
25-Xornada-Arredor-da-Camelia-Vedra-7658-slide_r

Bisbarra, 1 de febreiro do 2024 – O concello de Vedra ven de presentar unha das citas máis clásicas da bisbarra e que anticipan xa o final do inverno, as Xornadas Arredor da Camelia.

O Salón de Plenos do concello acolleu esta presentación que inclúe distintas actividades deportivas culturais e de ocio, ademais da tradicional Exposición da Camelia como cada ano.

Unha das novidades máis importantes en este programa de actos inclúe por primeira vez un desfile de moda que terá lugar no serán do 25 de febreiro.

A XVIII Xornadas Arredor da Camelia contemplan tamén a XIII Ruta Ciclo turística da Camelia polo Val do Ulla, esta mesma fin de semana, coa colaboración do CC Ribadoulla e a Carreira por Montaña “A Camelia” do CDM Vértice o día 11.

Dentro das iniciativas formativas hai que destacar o curso, e tamén ruta fotográfica, “As Camelias a través da lente. Paseo polos xardíns de camelias de Vedra”. Por outra banda este ano terá lugar unha charla sobre curiosidades da camelia.

En canto ás actividades culturais están previstas as Visitas teatralizadas ao pazo, un obradoiro creativo, e unha excursión. Ao mesmo tempo a música será protagonista coa Escola de Música Santa Cruz de Ribadulla Concello de Vedra xunto coa Agrupación Instrumental e co Coro de Secundaria do CPI  Pluriíngüe de Vedra.

A xa mencionada Mostra de Flor terá lugar tamén o 25 de febreiro e para participar hai que solicitalo no teléfono 981814691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.gal .

Exposición da Camelia 2022

Post navigation

Previous: Concello de Santiago e Xunta aparcan os problemas do Clínico
Next: Santa Comba acolle o proxecto europeo “Xuventude e democracia”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.