Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón

Vedra volve ao mecenazgo da Fundación Rosalía de Castro

vedra-convenio-fundacion-rosalia-de-castro-slide-16-febreiro-2021-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Padrón, 16 de febreiro do 2021 – Vedra converteuse no oitavo concello mecenas da Fundación Rosalía de Castro dentro do proceso de subscricións populares posto en marcha desde a directiva do ente cultural.
    • Campaña de apoios
    • Segunda subscrición popular

Padrón, 16 de febreiro do 2021 – Vedra converteuse no oitavo concello mecenas da Fundación Rosalía de Castro dentro do proceso de subscricións populares posto en marcha desde a directiva do ente cultural.

O alcalde de Vedra,  Carlos Martínez Carrillo, foi o encargado de asinar o convenio en representación do concello. En virtude do acordo o concello achega 1.000 euros, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. Polas restricións da Covid, ata que estes tipo de visitas se permita, a veciñanza de Vedra poderá visitar o museo acreditando documentalmente a súa procedencia.

Campaña de apoios

A Fundación Rosalía de Castro ven de poñer en marcha unha recollida de apoios de empresas, entidades públicas e persoas individuais para a mellora e sostemento da Casa da Matanza. En palabras do presidente, Anxo Angueira, a casa onde naceu Rosalía  “é a causa común de Galicia”.

Centos de persoas xa se converteron en Amigas da Casa de Rosalía ao apoiar desde 20 euros ao ano a independencia económica e cultural desta institución. A subscrición popular está a ser un grande éxito e moitos pequenos negocios tamén son xa Protectores (desde 60€/ano), así como varias grandes empresas da comarca, que xunto cos concellos poden exercer de Mecenas da Casa a partir de 1.000 euros ao ano.

 “En 2019 acadamos unha taxa de autofinanciamento próxima ó 50%, que é unha cifra considerable”, afirmou Anxo Angueira. “Porén esta nova crise supuxo un duro revés. Grazas a estes apoios estamos resistindo e afrontamos o futuro coa maior das ilusións. Seguiremos intentando facer o mellor servizo posíbel á causa da difusión nacional e internacional do legado de Rosalía e da súa familia”.

Segunda subscrición popular

A Casa de Rosalía está sostida pola Fundación Rosalía de Castro, unha fundación privada sen ánimo de lucro que foi creada en 1947 por persoas vencelladas ao galeguismo nos tempos difíciles da ditadura. A apertura da Casa-Museo en 1972 só foi posible grazas á colaboración económica de familias e empresas e institucións de todo o país e do mundo da emigración.

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 60 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. Ao final, colleitouse un total de 994.043 pesetas en 1971.

Case 50 anos despois esta institución –que non recibe financiamento público regular que asegure o seu mantemento anual nin o seu futuro– quere reafirmarse na súa independencia económica e cultural e no apoio das xentes comprometidas co país e coa súa cultura.

Post navigation

Previous: Atraco nunha sucursal bancaria de Oroso
Next: Un incendio nunha fábrica de rótulos e a caída dun poste mobilizan ao GES de Brión

Máis novas

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Imaxe da presentación de Abride a fiestra na Casa de rosalía en Padrón
3 minutes read
  • Axenda

 “Abride a fiestra” regresa á Casa de Rosalía de Padrón

Imaxe pleno Padrón ano 2022
3 minutes read
  • Xeral

Continua a polémica polo caso de acoso sexual no concelllo de Padrón

Cartel da xornada as pegadas do lume en Padrón
2 minutes read
  • Xeral

“As pegadas do lume” reflexionará en Padrón sobre o último incendio

Cartel da campaña sobre o consumo responsable de auga en Padrón
4 minutes read
  • Xeral

Os concellos comezan a mirar canta auga queda

Padrón no usará pirotecnia nas festas na época de alto risco de incendios
2 minutes read
  • Xeral

Festas sen pirotecnia en Padrón

Imaxe do concello de Padrón
4 minutes read
  • Padrón

Suspendido o traballador do concello de Padrón condeado por acoso sexual

Concello de PadrónDSC_1466 normal_r
4 minutes read
  • Xeral

Esixen apartar do concello de Padrón a un traballador condenado por acoso sexual

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.