займ срочно

Melloras na unitaria de San Fins e no velódromo de Vedra

0

Bisbarra, 15 de xullo do 2022 – O Delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, visitou algunhas das inversións realizadas polo goberno autonómico no concello de Vedra.

Trenor comprobou as actuacións levadas a cabo na pista polideportiva e no velódromo. O Delegado estivo acompañado polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

A achega da Xunta ascendeu, en estas dúas instalacións, a máis de 27.000 euros, que se destinaron á instalación da iluminación exterior. O orzamento global da Orde de infraestruturas ascende este ano a 3,5 millóns de euros e na comarca de Santiago concedéronse 9 axudas por máis de 316.000 euros

 Segundo explicou o representante do Goberno autonómico Vedra volverá a contar cunha axuda, este ano, desta orde de máis de 27.000 euros. Este investimento destinarase á reforma da escola unitaria de San Fins de Sales que mobilizará, en colaboración co concello, máis de 39.000 euros.

Apoio aos concellos con menor poboación

A Orde de infraestruturas de uso público destínase a concellos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Neste ano, o orzamento previsto para as actuacións ascende a 3,5 millóns de euros.

Na área de Santiago concedéronse 9 axudas que beneficiarán aos concellos de Arzúa con Melide, Rois con Dodro, Boimorto con Vilasantar, Boimorto, Ordes, Oroso, Vedra, Frades e Trazo. A Xunta destinará a estas 9 actuacións de melloras das súas infraestruturas máis de 316.000 euros que mobilizarán máis de 538.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies