займ срочно

Visita do Delgado do Goberno, José Miñones, ao concello de Vedra

0

Vedra, 27 de maio do 2022 – O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou o Concello de Vedra para supervisar as actuacións financiadas con fondos públicos e reunirse co alcalde, Carlos Martínez Carrillo.

Durante este encontro, ao que tamén asistiu a subdelegada na Coruña, María Rivas, o delegado visitou o pavillón deportivo municipal no que darán comezo as obras de mellora de eficiencia enerxética subvencionadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

José Miñones destacou o investimento do Goberno no municipio de Vedra en tres eidos: transición enerxética, transición dixital, e fomento do emprendemento.

Sobre o primeiro, apuntou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está a financiar con 1,2 millóns de euros “tres proxectos que apuntalan a transformación verde deste concello”. Referiuse así á renovación do alumeado público do termo municipal (796.431 euros) e á mellora do illamento da gardería (138.792,18 euros) e do pavillón (235.714 euros) para mellorar a súa eficiencia enerxética. O delegado visitou a instalación deportiva municipal, en obras, despois de reunirse coa corporación local na Casa do Concello.

No eido da transición dixital, José Miñones destacou que Vedra se beneficia da execución de catro proxectos dentro do Programa Único, para desenvolver a banda ancha ultrarrápida neste territorio. E no eido do fomento do emprendemento e a transformación dixital, da posta en marcha dunha Aula Mentor, que lle permite integrarse no Plan para a Formación Profesional, o Crecemento Económico e Social e a Empregabilidade. José Miñones valorou que a banda ancha chega xa a case todo o territorio municipal de Vedra.

Axudas para vivenda en concellos pequenos do Plan de Recuperación

O delegado tamén lle trasladou ao alcalde outras liñas que forman parte do Plan de Recuperación do Goberno e que “poderán beneficiar enormemente ao Concello de Vedra e a súa veciñanza”, como as axudas para comprar ou alugar vivenda para mozos e mozas nos pequenos concellos. “A mocidade de Vedra poderá dispoñer de 10.800 euros para compra, ou financiar ata o 60% do seu alugueiro”, detallou. Outra mostra do compromiso do Goberno coa cidadanía dos concellos pequenos son as axudas á rehabilitación enerxética de vivendas, que permiten financiar o 100% das obras. 

“O rural ten futuro, se todas e todos traballamos arreo e en conxunto por el. Dende o Goberno estámolo a facer. Vedra ten moito futuro. Un futuro máis verde, máis dixital e máis xusto, co que este Goberno está comprometido e para o que a colaboración municipal é fundamental”, reivindicou o delegado do Goberno. Nese sentido, sinalou que o Goberno está a desenvolver o Plan de 130 Medidas ante o Reto Demográfico, con 10.000 millóns de euros para combater o despoboamento e garantir a cohesión territorial e social. “Os Concellos galegos xa se están a beneficiar deste investimento do Goberno e vémolo hoxe aquí en Vedra. Porque vivir no rural debe ser un privilexio e non unha condena”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies