Vedra, 16 de xaneiro do 2019 – Despois do recente éxito de participación da IV Carreira Solidaria Nocturna. celebrada, o pasado sábado, Vedra prepárase para a BTT da Camelia que chega a súa 9 edición.
Foron mais de 600 persoas as que participaron nas diferentes probas e categorías da Carreira Solidaria da pasada fin de semana. Nin o frío nin os empachos de Nadal foron escusas para participar desta xornada deportiva que converteu a Vedra en punto de reunión para as persoas afeccionadas ao atletismo e tamén ao sendeirismo e as costumes saudables no tempo de lecer.
A probo recadou máis de 500 kilos de produtos non perecedoiros e un total de 807 euros para as persoas usuarias dos servizos sociais municipais, convertendo esta cita deportiva en todo un éxito e récord de cifras solidarias polas que a organización mostrou o seu agradecemento.
BTT da Camelia polo Val do Ulla
Vedra comezou o ano con esta proba deportiva e xa está en plena organización da seguinte cita co deporte que chegará o 3 de febreiro. Ese día celebrarase a IX Ruta Cicloturística en Btt da Camelia polo Val do Ulla e o V Maratón por Montaña da Camelia, as cales que xa teñen o seu prazo de inscrición aberto en www.galitiming.com
Trátase dunha proba cunha dificultade media. Hai dous itinerarios non competitivos de 42 e 26 kilómetros. A saída e chegada será, como no caso da nocturna, do Pavillón polideportivo de Vedra as 9 e media da mañá. O límite de prazas e de 350 e o custo da inscrición de 10 euros.