Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

1.000 matrículas nas actividades municipais de Vedra

O concello de Vedra bate un récord na participación das actividades municipais achegándose para este curso ás 1.000 fichas.
vedra-record-de-matriculados-nas-escolas-municipais-slide-normal-30-outubro-2023-(2)_r

Bisbarra, 30 de outubro do 2023 – O concello de Vedra bate un récord na participación das actividades municipais achegándose para este curso ás 1.000 fichas.

Imaxe de arquivo dos participantes nas actividades de maiores

Vedra ofrece un abano de actividades desde os distintos departamentos que chegan a todas as idades e públicos. O crecemento na participación foi constante nos últimos anos e para o curso 2023 – 2024 chegará ás mil persoas inscritas.

Nas actividades culturais e formativas as actividades van desde clases de inglés, de pintura, ou de xadrez ata, mecanografía ou manualidades. En este apartado as fichas suman cerca de 200 persoas inscritas entre todas elas.

Imaxe de arquivo das actividades deportivas

Nas actividades deportivas a oferta é do máis completa, pensada para a cativada, para a xuventude, as persoas adultas e mesmo para a terceira idade.  Desde predeporte a pilates pasando por baloncesto, patinaxe ou aerobic, sendo máis de vinte as posibilidades. Todo isto sen contar a opción de facerse cun bono no ximnasio municipal,  chegando ás 400 matrículas en total.

Ademais a este programa súmanse as actividades específicas para a terceira idade como memoria, ximnasia de maiores, traballo corporal, bailoterapia, hipopresivos, teatro, laborterapia ou corasl. Con preto de 220 persoas participantes.

Un éxito de participación para un concello rural de 5000 habitantes.

Post navigation

Previous: A Deputación quere ampliar a ponte de Barbazán, entre Negreira e Pontenafonso
Next: Piden que se defenda Castro Valente da ameaza dos eólicos

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.