Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo

Vedra recolle o froito de máis de dous anos de traballo en torno a economía CIG

Vedra presentará o vindeiros día 24 os resultados do proxecto "Entering de CIG Economy" desenvolto ao longo dos dous últimos anos
vedra-economia-cig-italia-normal-10-novembro-2021-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Vedra, 14 de marzo do 2022 – O concello de Vedra presentará o vindeiros día 24 os resultados do proxecto “Entering de CIG Economy” desenvolto ao longo dos dous últimos anos.
    • Entering de CIG Economy
    • Unha xornada para recoller os froitos

Vedra, 14 de marzo do 2022 – O concello de Vedra presentará o vindeiros día 24 os resultados do proxecto “Entering de CIG Economy” desenvolto ao longo dos dous últimos anos.

O proxecto “Entering de CIG Economy” forma parte da iniciativa europea Erasmus +. O modelo de economía GIG basease en distintos traballos que pode complementar, ou sustituir, o soldo máis tradicional. Alugar unha habitación do apartamento, o coche nos desprazamentos, ou mesmo vender distintos obxectos a través de internet.

Unha das reunións mantidas en Italia

A suma de ingresos resume este modelo de economía. O proxecto afondou nos posibles problemas pola falta se seguridade e inestabilidade. Unha boa planificación, coñecementos e colaboración poden facer do modelo algo con futuro.

Entering de CIG Economy

Liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda) tamén formaron parte do proxecto a Universidade VET Friesland College e a Fundación Learning Hub Friesland, dos Países Baixos, o Concello de Vedra e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias AGACA, de España, e a Municipalidade de Capannori e a axencia formativa Formetica, de Italia.

Outro dos obxectivos foi concienciar e poñer en contacto a todas as partes interesadas na materia (entidades formativas, Administracións Públicas e mercado laboral), os socios desenvolverán e dirixirán un programa de formación profesional para a xuventude e os máis afectados polo mercado laboral da “Economía Gig”.

Unha xornada para recoller os froitos

Pese a pandemia todas as entidades traballaron arreo durante estes dous últimos anos como se pode ver na web https://es.enteringthegigeconomy.eu/. A Campaña de información sobre a economía Gig, desenvolvida a través da ferramenta Pearltrees.com, está dispoñible en catro idiomas (español, inglés, italiano e holandés) e inclúe información clave sobre a economía Gig e os seus principais aspectos.

A xornada do vindeiro día 24, que se desenvolverá no espazo coworking A Estación, comezará cunha presentación a cargo do alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo. A continuación o director xerente de AGACA, Higinio Mougán, presentará os resultados obtidos ao longo de este tempo.

Tras un café e unha visita as instalacións do Coworking, presentarase a guía que marcará a estratexia rexional e os plans de acción en torno a Economía CIG.

Post navigation

Previous: Denuncian o impacto da minería nos cauces galegos no Día Mundial en Defensa dos Ríos
Next: Un acto en Teo, para conmemorar o 8 de marzo, remata con berros, discusións e presuntas denuncias

Máis novas

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.