Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra
  • Xeral

Vedra desenvolve unha interesante programación co gallo do 25N

Vedra está a desenvolver unha intensa programación co motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25N.
vedra-programacion-25n-slide-17-novembro-2023_r

Bisbarra, 17 de novembro do 2023 – O concello de Vedra está a desenvolver unha intensa programación co motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25N.

A través deste conxunto de actividades, que van desde talleres, mesas redondas, Vedra márcase como obxectivo sensibilizar á sociedade  para erradicar a violencia de xénero.

A vindeira cita será o día 23 e consistirá nunha mesa debate sobre a violencia de xénero. A cita ás seis e media da tarde na biblioteca municipal. Falarase dos recursos e o enfoque nos tratamento da violencia de xénero no noso entorno.

Participarán a Asesora xurídica  das vítimas dende o CIM;  persoal técnico da Secretaría Xeral de Igualdade  e forzas do Estado  e autoridades que interveñen na atención e protección ás vítimas de violencia de xénero .

Paralelamente estase celebrando o II Concurso de Lemas Contra  violencia de Xénero “fagamos da vida un bo trato”. O prazo para participar remata o vindeiro día 22 de novembro, cada participante deberá deixar nun sobre pechado co nome e apelidos, curso e centro ao que pertence  idade e o lema proposto nas conserxerías dos Centros educativos ou nas Escolas Unitarias pertencentes ao CRA. Haberá tres premios para  os  mellores lemas.

Dende o 1 de novembro instalouse na Casa do Concello un Calendario Contador De Vítimas deste ano de xeito que se visibilize a realidade das mulleres vítimas da violencia de xénero e da nosa sociedade.

O día 25 de novembro terá lugar o acto institucional coa iluminación da fachada do oncello de cor violeta ás oito da tarde. Terá tamén lugar un partido de fútbol feminino contra a violencia de xénero baixo o lema “ Á violencia de xénero marcámoslle un gol – que as mulleres non sabemos facer qué? mesma paixón”. Xogarase no campo de fútbol  de S. Mamede. .

A todas aquelas mulleres que desexen participar poden poñerse en contacto cos servizos sociais no teléfono 699041486 ou no enderezo electrónico carmen.sabio@concellodevedra.gal Ao finalizar o partido lerase o manifesto do 25N.

O 28 de novembro terá lugar un cinema forum baixo o nome “Nin un día máis con violencia”. As oito da tarde no Centro Social de Vedra proxectarase a curta “El orden de las cosas” seguida dunha charla debate relacionados coa temática destes actos.

Nesta actividade participarán MULLERES+ que relatarán  a súa experiencia na gravación do Podcats  “Moitas mulleres nunha soa Muller” e compartirán ás reflexión sobre a curta sobre o que están xa a traballar.

Con todas estas actividades o Concello de Vedra súmase ás campañas de erradicación da violencia de xénero que se celebran en todo o mundo con motivo do 25-N e anima á veciñanza a “romper co silencio” e a intervir contra esta secuela, á vez que lanza unha mensaxe de esperanza ás vítimas.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Acustiquísimos
Next: Xa están dispoñibles os Bonos Corazón en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.