Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra
  • Xeral

Vedra colle a presentación do libro “Rara es la enfermedad, historias de superación”

A Nave Multiusos de Santa Cruz de Ribadulla acollerá este sábado a presentación do libro “Rara es la enfermedad, historias de superación”.
Libro1-300x169

Vedra, 29 de xuño do 2022 – A Nave Multiusos da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla acollerá este sábado a presentación do libro “Rara es la enfermedad, historias de superación”.

A cita é as seis e media da tarde e contará coa presencia de Judit Pinilla Vázquez, irmá melliza de Andrea afectada polo Síndrome de Rett e escritora dun capítulo do libro, e Felipe Pinilla Rivera, avó de Andrea.

O libro recolle a historia de familias nas que algún membro ten unha enfermidade das chamadas raras ou minoritarias. Ademais das vivencias das familias o volume recolle o traballo dos doutores, investigadores e asociacións que loitan cada día por mellorar a vida e buscar solucións a estas enfermidades.

No caso de Andrea o síndrome de Rett é un trastorno neurolóxico e do desenvolvemento moi pouco frecuente e que afecta ao cerebro. Causa unha perda progresiva das habilidades motoras e da fala. É ademais un trastorno que afecta principalmente ás nenas.

Os beneficios da venda do libro van destinados á investigación de estas enfermidades. Na presentación poderase colaborar e en liña pódese mercar no seguinte enlace.

Post navigation

Previous: O contrato de recollida de lixo no centro do debate en Compostela
Next: Nova edición dos Seráns de Ames

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.