займ срочно

Outórganse os premios do I concurso de fotografía “A cultura do viño na ribeira do Ulla”

0

Vedra, 1 de decembro do 2021 – O concello de Vedra de facer públicos os nomes dos gañadores do I concurso de fotografía “A cultura do viño na ribeira do Ulla”.

O certame buscaba a creatividade a través da fotografía como xeito de poñer en valor a cultura do viño na Ulla. Un dos criterios para participar era que tódalas obras tiñan que ser realizadas no territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla.

Xurado e participantes

O pasado venres o xurado (formado por 3 tres persoas vinculadas ao eido da fotografía, o Alcalde e a Concelleira de Cultura) decidiron as 4 fotos premiadas con 300 euros cada unha.

Os criterios para a selección da fotografa, foron a composición, calidade técnica e e estética, orixinalidade e adecuación e relación co tema xeral do concurso Ao concurso presentáronse un total de 61 fotos repartidas nas catro modalidades ás que se podía optar.

Modalidades e premiados

 

O concello de Vedra estableceu catro modalidades distintas, que tiñan como obxectivo documentar todo o traballo ao redor do viño, dende os coidados da viña ata a elaboración na adega. As modalidades e premiados foron as seguintes:

A paisaxe, o patrimonio, a tradición e a innovación vitivinícola na Ribeira do Ulla

Lourdes Martínez Rodeiro – O Pico

Os labores para o coidado do viñedo

Daniel Jácome Amarante – A poda sen medo

A vendima

Laura Rubio Lareu – O traballo tras das follas

O traballo na adega

Ramón Clavijo Salgado –  Aí ven o viño

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies