Participaron 11 establecementos de Vedra, nas urnas depositáronse 292 cartillas de votación que decidiron os gañadores.
Vedra, 23 de outubro do 2016 – O pasado venres o Salón de Plenos do Concello de Vedra tivo lugar a entrega de premios aos establecementos e participantes do Roteiro – Concurso Vedra de Tapas 2016.
Durante dúas fins de semana 11 establecementos de Vedra acolleron esta iniciativa que mesturaba interese turístico, gastronómico e tamén a intención de ser unha aposta diferente!!
Co bo sabor de boca que deixou tanto en hostaleiros, coma na organización e persoas participantes e despois de recoller 292 cartillas nas 11 urnas (das que só foron válidas 219), presentamos resultados do concurso, dos que tivo conta a comisión avaliadora reunida no Salón de Plenos do concello o 19 de outubro ás 10 horas.
1ª MENCION Á MELLOR TAPA: Hamburvedra (Bar Barreiro)
2ª MENCIÓN A MELLOR TAPA: Pastel de carne do avó (O fogar do avó)
3ª MENCION A MELLOR TAPA: Pinchiños “3D” (O fogar do avó)
Relación de agasallos entre os participantes no concurso:
Para as cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello: Itziar Sánchez García (San Xián de Sales)
-Un lote de produtos locais: Mariluz Bascuas Canicova (Santiago de Compostela)
-1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello: Manuel Tato Cabaleiro (San Miguel de Sarandon)
Para as cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos:
-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuíto termal…: Antonio Andújar Vilas (Ponte Ulla)
-100 €: Marga Collazo Devesa (San Fins)
Para cartillas con todos os selos procedese ao sorteo dos 200 € entre os participantes resultando gañador: María Viegas Brito (San Xián)
Ademáis este ano, como novidade a través da app “Quedamos de tapas”, resultou gañadora da “Tapa amiga” a HamburVedra de Bar Barreiro.