Vedra, 1 de marzo do 2021 – O concello de Vedra homenaxeou ás parroquias que colaboran nas Xornadas arredor da Camelia cunha plantación en distintos lugares.
O último domingo de febreiro é tradicionalmente o dedicado á Camelia en Vedra máis a pandemia mudou todo. As restricións obrigaron a programación distinta na que tivo especial relevancia a homenaxe ás entidades e parroquias que cada ano colaboran na organización.
En agradecemento a todas e cada unha das persoas e asociacións que cada ano traballan desinteresadamente nas xornadas, plantouse unha árbore de camelia nas súas parroquias de orixe de forma simbólica, un camiño de camelias interconectado que fai que “Vedra sexa camelia”.
Trátase dunha iniciativa municipal que baixo o nome de Vedra… Camiño de camelias conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa “O Teu Xacobeo”. Con ela preténdese fomentar o coñecemento do patrimonio natural relacionado coa camelia e promocionar a cultura da camelia como flor de Galicia e do Camiño de Santiago.
Das 13 plantacións realizadas destaca a realizada no entorno da entrada do camiño da Vía da Prata, na parroquia de San Pedro de Vilanova. En ela participou a Directora de Turismo Nava Castro que ademais contou coa axuda dunha peregrina que pasou por alí e de forma espontánea sumouse ao acto.
