Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Reportaxes
  • Vedra

Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos

O Pazo de Santa Cruz de Rivadulla ten os xardíns máis absorbentes que un poida imaxinar, ao pouco de camiñar por eles un esquece por completo como chegou alí
Pazo de Sta Cruz de Rivadulla 319_SLIDE__w

Table of Contents

Toggle
  • Vedra, 28 de xuño do 2014 – O Pazo de Santa Cruz de Rivadulla,  ten os xardíns máis absorbentes que un poida imaxinar, ao pouco de camiñar por eles un esquece por completo como chegou alí e os sentidos son atrapados polos sons, a vexetación e mesmo o aroma que lle rodea
  • A historia do Pazo de Santa Cruz

Vedra, 28 de xuño do 2014 – O Pazo de Santa Cruz de Rivadulla,  ten os xardíns máis absorbentes que un poida imaxinar, ao pouco de camiñar por eles un esquece por completo como chegou alí e os sentidos son atrapados polos sons, a vexetación e mesmo o aroma que lle rodea

Reportaxe: pazo de Santa Cruz de Rivadulla

A historia do Pazo de Santa Cruz

O Pazo de Santa Cruz, ou de Ortigueira, foi construído no S XVI polo cóengo da Catedral de Santiago Juan Ibáñez e, posteriormente, o seu sobriño Juan de Mondragón continuou os traballos. Desta época data a muralla do recinto e a división da propiedade en terreos de monte, cultivos e a superficie que ocupan os xardíns. Creáronse avenidas e paseos que delimitasen estas zonas cun trazado octogonal que suxire influencias renacentistas.

Juan Antonio Armada e Ibáñez de Mondragón, alcumado o ilustrado,  foi, no século dezaoito, un dos principais impulsores das actualizacións botánicas e agrícolas da finca. Introduce novas especies e innova nos labores do campo chegando a establecer premios para os campesiños que melloraban as súas explotacións agrícolas e gandeiras.

Reportaxe: pazo de Santa Cruz de RivadullaNo século XIX Iván Armada e Fernández de Córdoba, coñecido como o Tío Iván, aumentou a xa abundante colección de plantas e, segundo reflectiu nos seus cadernos, plantou varios exemplares de camelias xunto a outros que xa existían e que medían, por aquel entón, ao redor dos 7 metros. Con estes datos pódese pensar que as primeiras camelias plantáronse entre 1780 e 1820, o seguinte grupo ao redor de 1850 e as plantadas polo Tío Iván en 1875, plantas todas que aínda se poden contemplar e da que destaca un exemplar cun tronco de 1.90 m. de perímetro.

Este xardín son, para moitos expertos, un dos espazos máis fascinantes de Galicia e conta entre as súas especies cunha boa cantidade de árbores monumentais como olveiras, boj, magnolias xigantes, fentos australianos, tulipaneros de Virginia, ombú, carballo piramidal ou palmeiras washingtonia. Algúns deles incluídos no catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia. Hai que destacar ademais que desde o Pazo prodúcense cada ano máis de 100.000 camelias de 200 variedades distintas,  unha delas exclusiva de aquí e que leva o nome da granxa “Ortigueira”; a maioría desta produción dedícase á exportación.

Reportaxe: pazo de Santa Cruz de RivadullaOutra das zonas máis coñecidas do Pazo, máis mesmo que os xardíns, é a carreira de olveiras. A plantación de 500 olveiras que flanquean as distintas avenidas foi unha idea orixinal que combinaba ornamentación con cultivo xa que se destinaron á produción de aceite e dotouse  ao lugar dun muíño con roda de granito e prensa de viga, ao modo romano, que estivo en funcionamento até o s. XX.

O Pazo foi declarado monumento nacional no ano 2001. Pódese visitar desde non hai demasiados anos polo que segue sendo un descoñecido para o gran público, aínda que é un dos máis valorados entre os afeccionados aos xardíns e as camelias. A atmósfera que envolve a todo o lugar trasládanos ao pasado, a unha época onde as clases privilexiadas atesouraban tras os seus muros lugares creados para a auto satisfacción, que son mostra dun hedonismo excesivo pero que nos permitiu, co paso dos anos, que hoxe gocemos dun, aínda que soe tópico, xardín do edén.

Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, o xardín dos pasos perdidos

Post navigation

Previous: Gallaecia in Armis, recuperando a esgrima histórica
Next: Filomena Fraga, veciña de Ames

Máis novas

Imaxe do río na presentación do Goza do Ulla 2026
2 minutes read
  • Vedra

O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Visita de representantes da Deputación a Vedra
3 minutes read
  • Xeral

A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros

Auyotidades na Festa do Viño da Ulla
3 minutes read
  • Xeral

Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

vedra festa vinho da ulla 6 abril 2026
4 minutes read
  • Axenda

Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

Presentación XLVII festa do viño da Ulla
2 minutes read
  • Axenda

XLIV Festa do Viño da Ulla en Vedra

vedra xunta saf 1 marzo 2026
3 minutes read
  • Vedra

Medio millón de euros para o SAF de Vedra

Carlos-Martinez-alcalde-de-Vedra-slide-18-novembro-2021_4995_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra

_007Pazo Andeade ToDSC_0346_portada
4 minutes read
  • Reportaxes

Pazo de Andeade, A casa grande

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.