Vedra, 11 de maio do 2020 – O Pazo de Ortigueira, ou de Santa Cruz, ven de ser incorporado ao catálogo de Xardín de Excelencia pola International Camellia Society.
En Lindeiros levamos tempo contando a excelencia do Pazo de Ortigueira pero agora ese adxetivo toma carácter oficial. Falamos con Juan Armada, actual propietario, quen nos explica en que consiste o galardón
Existen abundantes xardíns en todo o mundo que forman parte do mundo da camelia e en España dase a circunstancia de que están todos en Galicia. No de Santa Cruz atopamos ademais a un dos principais exportadores de este pranta tan especial.
A camelia é unha especie cunha fácil hibridación o que fai que existan miles de variantes das que se leva desde o século pasado un rexistro
A crise polo Covid – 19 coincidiu coa final da campaña e aínda que se vendeu case todo quedaron plantas por enviar. Juan Armada espera que se atope unha cura ou polo menos se controle e, si todo fora ben, en outono podería reactivarse o comercio
Rematamos preguntándolle o seu lugar preferido do xardín. Destaca o bosque de camelias silvestres, nadas de semente. Este tipo de bosque só é posible velo en China ou Xapón xa que normalmente créanse a partir de plantas
O Pazo de Ortigueira é unha visita obrigada na bisbarra, como a San Andrés de Teixido un tería que ir polo menos unha vez. Si aproveitamos para coñecer, tamén en Vedra, a ponte de Gundián ou a área recreativa de Agronovo xa temos un roteiro de fin de semana no que non acercarse a ninguén e viaxar coa familia ou a parella.
