Vedra, 15/09/2026 – O concello de Vedra ven de acordar coas empresas Labralia, S.L. e Bograo, S.L. unha colaboración na doazón de alimentos de mascotas para as campañas de protección animal.
Vedra quere agradecer publicamente ás empresas a súa importante colaboración coas iniciativas municipais de protección e benestar animal. As dúas empresas aportan unha importante cantidade de alimentos para mascotas destinados ás campañas de protección animal e ao coidado das colonias felinas do municipio.
Esta achega permitirá reforzar os recursos destinados á alimentación dos animais que forman parte das colonias felinas xestionadas no concello, así como apoiar as diferentes actuacións de protección animal que se desenvolven en Vedra.
Desde o Concello poñen especialmente en valor a implicación e o compromiso destas empresas de Vedra co rural e co benestar animal, o que constitúe un exemplo de responsabilidade social e compromiso coa contorna, demostrando que a colaboración entre a administración, o tecido empresarial e a cidadanía é fundamental para avanzar cara unha xestión máis responsable e solidaria na protección animal.
