Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Vedra move os marcos

VEDRA MARCO SLIDE 16 ABRIL 2025

O concello organiza a Mostra de Arquitectura Rural, MARCO, que ten como obxectivo achegar a arquitectura á xente e romper barreiras coa veciñanza.

A arquitectura acostuma a estar lonxe da veciñanza, moitas veces é incomprendida pero sen ela non se constrúen nin as casas nin as vilas. Vedra quere mudar esta separación organizando a Mostra de Arquitectura Rural, MARCO, o vindeiro mes de maio.

O obxectivo principal de MARCO é romper coa barreira que distancia a Arquitectura dos seus beneficiari@s, e trasladar a importancia desta no desenvolvemento social, recuperando a confianza na disciplina como axente configurador de cidades e pobos e da calidade de vida das persoas.

MARCO engloba as artes sobre as que a arquitectura exerce de unión. Artes e arquitectura xogan un papel de relevancia na transmisión dos valores culturais, históricos e sociais de cada comunidade. O fin é poñer en valor as características propias da paisaxe, da arquitectura local e das dinámicas socio-culturais das aldeas.

A proposta trata de revalorizar a conservación do patrimonio construído e etnográfico, un desenvolvemento sostible e orgánico e a participación veciñal. Con esta intención MARCO tera unha programación con exposicións, actuacións, obradoiros e conversas.

Todas estas actividades arredor da arquitectura, escultura, pintura, danza, música, literatura, cine, fotografía, e a ilustración. Exporá exemplos de arquitectura a través de visitas a vivendas de Vedra na sección “O mellor de cada CASA” e mostrará construcións de aldea nos “Co.Bertos”.

Un proxecto organizado por ELO arquitectura e o concello de Vedra, e que conta co patrocinio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Podes consultar a programación completa e inscribirte nas diferentes actividades no seguinte enlace https://tinyurl.com/2yg5vs68 .

Post navigation

Previous: Piden melloras na Sionlla de Arriba, en Compostela
Next: Preguntando polos bautizos civís en Ames

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.