займ срочно

As actividades vinculadas á Camelia comezan en Vedra cun maratón de montaña

0

Bisbarra, 3 de febreiro do 2023 – O concello de Vedra inicia esta fin de semana as actividades vinculadas á camelia e faino coa sétima edición do Maratón de Montaña que organiza o club Vértice.

Vértice propón sábado e domingo catro probas distintas entre as que destaca o VII Maratón de Montaña “A Camelia”. O sábado disputarase unha subida ao Pico Sacro cun percorrido de algo máis de tres quilómetros e coa dificultade engadida da pendente a superar.

O domingo celebrarase unha andaina e un trail. Serán 14 quilómetros de percorrido coa novidade de incorporar o “pequetrail” con tres categorías e percorridos diferentes en canto a dificultade e segundo a idade.

A proba estrela da fin de semana será o Maratón de Montaña da Camelia con 43 quilómetros de percorrido. Unha proba na que a organización leva traballando meses e na que están inscritas máis de 400 persoas.

Esta fin de semana deportiva serve de inicio a dous meses nos que a camelia será a protagonista en Vedra. Unha programación que inclúe actividades de tipo turístico, deportivo e cultural. Obradoiros, excursións, visitas teatralizadas ou espectáculos musicais enchen este ano o calendario que se pode consultar xa na web do concello. Un espazo no que consultar, prazos e fórmulas de inscrición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies