Vedra, 8 de marzo do 2022 – O concello de Vedra homenaxeou esta tarde, na Casa do Concello, a Iria de Asla Esteva, primeira presidenta da Asociación Berenguela Pola Igualdade, fundada no 2008.
Coa presenza do alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo e da Concelleira de Igualdade, Susana García Lema, a homenaxe a Iria de Asla serviu para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Recoñecemento á implicación social
Hai catorce anos que Iria de Asla Esteva converteuse na primeira presidenta da Asociación Berenguela. Unha organización responsable de eventos como “O Son da Berenguela”, “A Xanela da Muller Rural” ou o “Photocall desexos pola Igualdade”.
O alcalde, Carlos Martínez Carrillo destacou o seu esforzo e implicación social “ Sabía que eras unha muller que fai unhas reflexións moi profundas, admiro a capacidade de sintetizar as ideas que defendes. O meu cariño, a miña admiración e o meu profundo respeto porque eres un exemplo dos valores que necesita esta sociedade”
A Concelleira de Igualdade, Susana García, engadiu que Vedra é muller e por iso facemos este recoñecemento a unha muller que deixará pegada na historia do concello “Gracias Iria pola túa dedicación e por abrir a porta á seguinte xeración”.
Pola súa banda a homenaxeada agradeceu o acto e tamén que o concello propiciara un curso de xardinería do que naceu Berenguela. Tamén grazas ao actual alcalde polo seu apoio. “Quero facer un chamamento á veciñanza para que se unan á asociación Berenguela porque xuntas poderemos facer moito máis”.
Iria de Asla Esteva
Iria de Asla Esteva é unha loitadora pola igualdade, actitude que comezou a desenvolver na súa propia historia. A principios dos oitenta decide divorciarse e sacar a diante en solitario aos seus catro fillos.
Cansa de que o seu primeiro nome, Concepción, fora sempre vinculado ao marido. cansa de ser “a muller de”, cambiouno polo de Iria. A partir de aí marcou o seu propio camiño.
Emprendedora ao abrir unha librería en Compostela; estudante de psicoloxía e pedagoxía; nai e activista. Iria de Asla Esteva representa os valores do esforzo e a igualdade que seguen a ser necesarios homenaxear cada 8 de marzo.