Vedra, 3 de agosto do 2017 – O concello de Vedra propón unha viaxe, no mes de setembro, para membros de asociacións para recibir un curso en metodoloxías de educación non formal.
Trátase do proxecto Navegando pola Educación Non Formal que terá lugar entre o 5 e o 10 de setembro en Viana do Castelo, Portugal.
Os obxectivos de estas xornadas son capacitar e cualificar a membros de asociacións coas competencias e metodoloxías na área da Educación Non Formal, necesarias para transferir os valores comúns fundamentais da nosa sociedade á mocidade e as aprendizaxes sobre diversos temas.
Tamén se tratará de potenciar nos membros de asociacións, a través da Educación Non Formal, o espírito de iniciativa, a creatividade e o emprendemento como forma de empregabilidade.
Promover a Educación Non Formal, desenvolvida no asociacionismo, como estratexia complementaria ao sistema de educación formal. Estimular nos membros de asociacións o desenvolvemento de actividades para a dinamización das comunidades locais. concienciar para unha cidadanía europea e un crecemento sustentable, e reforzar competencias lingüísticas.
Poderanse presentar membros de asociacións do Concello de Vedra e os desprazamentos, aloxamento, manutención e seguro están cubertos para as persoas participantes.
os interesado poden inscribirse e pedir información no seguinte enderezo electrónico: xuventude@concellodevedra.com ou no teléfono 98181469.