Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

XLIII Exaltación do Viño da Ulla

vedra vinho da ulla slide 2 17 marzo 2025

A exaltación do viño da Ulla volverá a San Miguel de Sarandón, en Vedra, os vindeiros 5 e 6 de abril mantendo na cuadraxésima terceira edición as catas, as rutas e a festa.

A Cidade da Cultura acolleu un ano máis a presentación da XLIII Exaltación do Viño da Ulla. Coa presenza da comisión organizadora, bodegueiros, convidados e medios de comunicación, deuse a coñecer, este pasado venres, o programa de actividades para a festa do viño da Ulla.

A festa terá como todos os anos un compoñente profesional uns días antes, cando se celebren do 2 ao 4 de abril as xornadas técnicas sobre a cultura do viño. Terán lugar na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón e tratarán temas como a fertilización, a posibilidade de harmonizar os viños e as tapas e contarán tamén cunha visita guiada a unha bodega.

A parte máis lúdica queda para os propios días 5 e 6 de abril. As rutas mototurísticas e de coches antigos son xa unha parte fundamental na festa e percorreran os viñedos da contorna incluíndo unha visita a unha bodega, As motos o sábado 5  e os coches o domingo 6.

A cata concurso que decidirá os mellores viños do ano celebrarase no Pazo de Vistalegre, será a sétima edición. O sábado abrirase ás seis da tarde a mostra dos concellos da subzona ribeira do Ulla e ao mesmo tempo a mostra dos viño D.O. Rías Baixas sibeira do Ulla. Estas mostras serán o verdadeiro comezo da festa que continuará coa música de distintas agrupacións folclóricas desde as sete da tarde.

A festa do sábado rematará co concerto de Os John Deeres e The Rapants, e a animación ata a madrugada da Disco Movil Chocolate.

O domingo o pregón correrá a cargo da Conselleira de Medio rural, María José Gómez. A continuación nomearanse os novos membros da Orde dos amig@s do Viño da Ulla. Este acto finalizará coa entrega dos premios da VII Cata Concurso.

A XLIII Exaltación do Viño da Ulla rematará con músico ao longo de todo o dia e o espectáculo da Orquestra París de Noia desde as sete da tarde. A festa conta este ano co apoio de moitos dos empresarios da contorna, da Deputación da Coruña, Galicia Calidade, a Xunta de Galicia e o concello de Vedra.

Post navigation

Previous: A Igrexa da Universidade acolle á Banda da Loba
Next: “Eros” e “Corre O Vento” gañadores da vixésima edición da MICE

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.