Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

XLI edición da Festa do Viño da Ulla

Vedra ven de presentar a XLI Festa de exaltación do Viño da Ulla, unha das máis lonxevas da bisbarra de Compostela.
Vedra-Presentacion-do-Vinho-da-Ulla-slide_marzo-2023_115108_r

Bisbarra, 28 de marzo do 2023 – O concello de Vedra ven de presentar a XLI Festa do Viño da Ulla, unha das máis lonxevas da bisbarra de Compostela que chega con importantes novidades.

O edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, foi o lugar elixido para a presentación da cuadraxésimo edición da exaltación dos viños da ribeira do Ulla. Xunto ao alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, participaron na presentación Jose Garcia, membro da comisión de festas; Marieli Mogo, secretaria; Rubén González, presidente e Iván García vocal.

Ademais das actividades de esa fin de semana a Festa leva aparelladas as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño que se celebraran do 12 ao 14 de abril. Comezarán cunha conferencia do experto Juan Carlos Vázquez Abal sobre “A boa práctica fitosanitaria e de biocontrol nos viñedos”. Un túnel do viño, no que probar os caldos das distintas adegas, e unha saída de campo na que coñecer os novos proxectos vitivinícolas completan o programa das xornadas.

Esta edición da Festa do Viño da Ulla terá dous itinerarios moi especiais. O sábado 15 unha ruta moto turística e o domingo unha de coches antigos. En ambos os dous casos visitarase unha adega e haberá unha cata degustación. As inscricións son gratuítas aínda que as prazas son limitadas.

A Festa terá ademais actividades de éxito, xa recoñecido en anteriores edicións, como a cata concurso, que se celebrará o sábado e entregará os premios o domingo. A noite do día 15 contará cun concerto, que comezará as dez, coas actuacións de  A Banda da Loba e Monoulius DOP.

O domingo terá lugar o tradicional nomeamento de novos membros da Orde dos Amigos do Viño da Ulla, nomes que se coñecerán catro días antes. O pregón este ano correrá a cargo da actriz María Mera. Finalmente as actuacións ao longo de todo o día e xa no serán da Orquestra Panorama poñerán o broche a XLI Festa do Viño da Ulla.

Post navigation

Previous: Padrón acércase á Pascua con folga de lixo e conflito laboral na policía local
Next: Abril de cine en Ames

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.