Vedra, 13 de febreiro do 2020 – O Centro Sociocultural de Vedra acolle este sábado o Entroido Municipal no que participaran os alumnos da Escola de Xenerais da Ulla.
A cita terá todo o que un Entroido require, desde concurso de disfraces ata os atranques cos cativos da escola. O de Vedra convertese de este xeito no máis madrugador da bisbarra.
Ás 18 horas comeza a festa, coa actuación de parrandas, comparsas. Ás 19: 30 horas. Atranques da Escola Municipal de Xenerais da Ulla. Ao remate desfile e concurso de disfraces e baile coas seguintes categorías:
Parrandas Cantareiras (todas as idades)
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e contar con música e cantares.
premio: vale de compra por valor de 100 € en establecementos de Vedra.
2° premio: vale de compra por valor de 100 € en establecementos de Vedra.
Comparsas de Entroido(todas as idades)
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 3 persoas e ter unha temática común.
1° premio: vale de compra por valor de 100 en establecementos de Vedra.
2° premio: vale de compra por valor de 100 € en establecementos de Vedra.
Disfraces en parella (persoas adultas + 16 anos)
A mellor parella de disfraces de máis de 16 anos: vale de compra por valor de 30 € en establecementos de Vedra.
Disfraces individuais (persoas adultas + 16 anos)
O mellor disfraz de máis de 16 anos: vale de compra por valor de 30 € en establecementos de Vedra.
Disfraces en parella (infantil )
‘ De 0 a 6 anos: Agasallo
** De 6 a 12 anos: Agasallo
** De 12 a 16 anos: Agasallo
Disfraces individuais (infantil)
** De 0 a 6 anos: Agasallo
** De 6 a 12 anos: Agasallo
** De 12 a 16 anos: Agasallo
Todas as persoas disfrazadas de entre os 0 e 0s10 anos recibir án o seu agasallo de participación.