Bisbarra, 12 de maio do 2022 – Os concellos de Vedra e Boqueixón presentaron de forma conxunta a campaña de campamentos de verán.
Unha viaxe a Ibiza e dous campamentos na Rías Baixas son algunhas das ofertas para a época estival que ofertarán Vedra e Boqueixón. A axenda Acción Verán 2022 está dirixida a mozos nacidos entre o 2010 e o 2013 nunha primeira quenda, e aos nacidos entre o 2004 e o 2006 nunha segunda.

O primeiro dos campamentos desenvolverase entre o 23 e o 30 de xuño nas Rías Baixas. A segunda será un campamento de verán en Ibiza a realizar entre o 5 e o 12 de xullo. Os campamentos terán un prezo de 195€ (Rías Baixas) e 275€ (Ibiza).
As prazas serán limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas en Vedra e Boqueión. No caso de ser preciso as prazas serán adxudicadas mediante sorteo. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 10 ao 20 de maio a través das páxinas web dos concellos:
– En Vedra www.concellodevedra.gal.
– En Boqueixón www.boqueixon.gal
Tamén se realizará unha viaxe da mocidade a Ibiza entre o 2 e o 9 de agosto, dirixido a maiores de 18 anos (con preferencia a persoas entre os 18 e os 35 anos). Esta viaxe terá un prezo de 295€ para estudantes e persoas en situación de desemprego e 325€ para outros/as situacións e inclúe voo (con facturación e seguro de viaxe), estancia en albergue en réxime de aloxamento e almorzo, unha cea de confraternidade e dúas excursións: Ibiza cidade e unha ruta pola illa.
Ambos concellos poñen a disposición un teléfono de atención e consultas:
– Vedra: 981814691
– Boqueixón: 981513115