займ срочно

Vedra organiza un curso de comunicación para pemes

0

Bisbarra, 18 de novembro do 2022 – O concello de Vedra organiza un curso de comunicación para comerciantes no centro de emprendemento A Estación.

O curso terá lugar os días 22 e 24 de novembro de oito a dez da tarde. Esta impartido por Manel Pardo, con máis de trinta anos de experiencia en medios de comunicación.

A transición do mundo analóxico ao dixital será o punto de partida do curso. As necesidades de comunicación das pequenas empresas non variaron pero si o entorno no que traballan. De que xeito estes cambios inflúen no día a día será o xerme do curso.

O curso é de balde e para anotarse pódese chamar aos teléfonos 981512244 e 667905330 ou escribir un correo electrónico a   aestacion@concellodevedra.gal

Nas dúas xornadas os participantes poderán entender mellor os cambios que se produciron, e se seguen producindo. Repasaran as distintas formas de comunicación cos seus clientes e as diferencias e similitudes entre as analóxicas e as dixitais.

Desde os medios tradicionais ata as canles dixitais como a mensaxería, as redes sociais ou as listas de difusión serán analizados no curso. A colaboración entre empresas será outra das partes que se verán ao longo das dúas xornadas.

O obxectivo final é que os participantes poidan decidir que tipo de comunicación é a máis axeitada ao seu negocio e como queren levala a cabo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies