Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra

O Servizo de Axuda ao Fogar de Vedra terá unha suba salarial do 6,5%

As traballadoras do SAF de Vedra recibiran a suba salarial do 6,5 por cento pactada no convenio laboral tras unha reunión coa empresa.
traballo-social-saf-prioridade-normal-20-xaneiro-2021_r

Vedra, 20 de maio do 2022 – Comisións Obreiras e a empresa Atendo pactaron este xoves no Consello Galego de Relacións Laborais cumprir co convenio e subir nun 6,5% o slario das traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar de Vedra.

A reunión coa empresa Atendo produciuse despois da denuncia presentada por CCOO. A empresa concesionaria do SAF de Vedra no cumpría o convenio asinado que estipula que todos os conceptos económicos serán actualizados nunha contía igual ao IPC do ano anterior, ese 6,5 %, os cales serán aboados desde o primeiro mes do ano.

Tras a mediación, o aumento farase efectivo xa na nómina e maio, mentres que na de xullo se pagarán os atrasos correspondentes aos primeiros meses do 2022.

Rexistro horario

Ademais do acordado sobre a revisión salarial, tamén se tratou o regulamento do rexistro horario a través de aplicacións para o teléfono móbil particular. Neste sentido, acordouse que o uso desta ferramenta nun teléfono particular será voluntaria. As traballadoras que non a queiran usar deberano poñer en coñecemento da empresa e no prazo dun mes estableceranse sistemas alternativos para o control da xornada.

O concello de Vedra é o que máis paga de toda Galicia o desprazamento, 0,25 céntimos por quilómetro. Tamén é o que atopou solución a unha demanda recorrente das traballadoras, que se conte dalgún xeito o desprazamento ata os domicilios. En distintos puntos de entrada ao concello situáronse uns postes con códigos qr que son lidos pola traballadora desde o teléfono cando se incorpora á xornada laboral.

Post navigation

Previous: Cultura de Noia pecha o mes das letras co espectáculo “ A teacher Lu”
Next: As Brigadas Deseucaliptizadoras intervirán no monte de Vila Cova en Lousame

Máis novas

Carlos Martinez alcalde de Vedra DSC_6119_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Carlos Martínez, alcalde de Vedra

vedra campanha doazon alimentos mascotas 15 setembro 2026
1 minute read
  • Xeral

Campaña solidaria de Vedra para cos animais

Participantes no campo de traballo monte sacro
2 minutes read
  • Xeral

Campo de voluntariado Monte Sacro

Imaxe do río na presentación do Goza do Ulla 2026
2 minutes read
  • Vedra

O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Visita de representantes da Deputación a Vedra
3 minutes read
  • Xeral

A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros

Auyotidades na Festa do Viño da Ulla
3 minutes read
  • Xeral

Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

vedra festa vinho da ulla 6 abril 2026
4 minutes read
  • Axenda

Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

Presentación XLVII festa do viño da Ulla
2 minutes read
  • Axenda

XLIV Festa do Viño da Ulla en Vedra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.