Vedra, 21 de abril do 2018 – O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ven de comunicar ao concello de Vedra que se colocou nova antena de telefonía para ampliar a cobertura de 4G.
A nova antena terá especial incidencia nas parroquias de San Xián de Sales e San Fins de Sales. O concello lémbralle a veciñanza que no caso de detectar problemas coa recepción da TDT deberán comunicarse co CAU no teléfono 900.833.999 para que realicen as comprobacións oportunas e, de ser o caso, envíen o servizo técnico ao seu domicilio. Todo traballo que se realice por parte deste servizo para recuperar a sinal de TDT será de balde.
É importante sinalar que este servizo técnico só será para o caso no que os fallos de TDT sexan debidos ás obras para ampliación do 4G e non para avarías en xeral.
O concello informa tamén que existe máis información na web https://www.llega800.es/.Para calquera aclaración poden contactar con este Concello no 981814612 ou no teléfono de Llega800: 900833999.
