Vedra, 29 de abril do 2020 – O concello de Vedra ofrecerá clases virtuais de iniciación ao xadrez durante o mes de maio.
A iniciativa parte do mestre da actividade municipal, Alberto Dios, como fórmula para aproveitar o tempo de confinamento. As clases serán de balde a través de internet e ensinarán as regras básicas e os movementos das pezas.
Para inscribirse só hai que enviar un correo a albertodiosqu@hotmail.es ou enviar un whatsapp ao 633447674.

Torneos online
Para os que xa saben xogar existe ademais a posibilidade de participar en torneos online. Celébranse todos os sábados de 19:30 a 20:30 na páxina web lichess.org .
