Vedra, 13 de febreiro do 2017 – Na mañá de onte Vedra celebraba unha das BTT máis bonitas da tempada cunha participación de 350 ciclistas.
A VII Ruta BTT da Camelia disputase no concello de Vedra e polo val do Ulla e discurre por lugares tan emblemáticos como a carreira dos olivos do Pazo de Santa Cruz.
Os participantes puideron optar entre dúas rutas una curta de uns 27 km cunha dificultade medio – baixa e outra (a máis concorrida) de 43 km cunha dificultade medio – alta.
A organización realizou un gran esforzo por manter as ditas rutas o máis limpas posible despois dos estragos producidos polo temporal da pasada fin de semana en Vedra e en toda a bisbarra. Os esforzo valeu a pena xa que a ruta deixou nos participantes un moi bo sabor de boca.
Tras a proba deportiva repartíronse os seguintes trofeos.
[columns]
[column size=”1/2″]Trofeo ao Club de mais lonxano para “6 Picos Bike Club” de Viveiro
Trofeo ao Club máis numeroso para “ Club Ciclista Trasdeza” con 19 participantes na proba.[/column]
[column size=”1/2″]Trofeo á participante de maior idade para a vedresa Nieves Iglesias Villanueva.
Trofeo ao participante de maior idade para Plácido Blanco López.[/column]
[/columns]
Para rematar a organización sorteou entre os participantes a través do número dos seus dorsais: unha cea para dúas persoas nun restaurante de Vedra, unha noite de aloxamento nunha casa de turismo rural do concello, 3 packs de botellas de “Augardentes da Ulla”; 3 packs de botellas de “Pazo Galegos”; 2 lotes de produtos deportivos e para rematar 10 plantas de camelia a flor anfitrioa do evento.