Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra

Vedra celebra un Pleno extraordinario para render homenaxe aos voluntarios na pandemia

Vedra celebrou este venres un Pleno extraordinario para render homenaxe á rede de voluntariado que colaborou durante a pandemia
Vedra-pleno-extraordinario-outubre-2021-homenaxe-voluntarios-covid_4039-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Vedra, 5 de outubro do 2021 – O concello de Vedra celebrou este venres un Pleno extraordinario para render homenaxe á rede de voluntariado que colaborou durante a pandemia, moi especialmente nos tres primeiros meses da crise.
    • Grazas desde a corporación
    • Os colectivos
    • En primeira persoa
    • Peche do acto

Vedra, 5 de outubro do 2021 – O concello de Vedra celebrou este venres un Pleno extraordinario para render homenaxe á rede de voluntariado que colaborou durante a pandemia, moi especialmente nos tres primeiros meses da crise.

A sesión tivo lugar na nave multiusos da estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla. O acto abriuse coa intervención dos voceiros dos grupos políticos que integran a corporación, A continuación entregáronse unha serie de recordos aos representantes dos colectivos. Finalmente foron tres voluntarias as que contaron a súa experiencia en primeira persoa para a continuación pechar o acto o alcalde, Carlos Martínez Carrillo.

Grazas desde a corporación

Grazas foi unha das verbas máis repetidas polos voceiros dos grupos políticos. Manuel Costa Carneiro, do Partido Popular, lembrou unha frase de Elsa Punset “os humanos axudamos porque somos capaces de sentir e poñernos na pel dos demais, e que axudar xera felicidade tanto persoal como colectiva, estamos seguros de que así foi”.

María Beatriz Amenal, do partido socialista, explicou que nunca esquecería a primeira xunta de voceiros en confinamento “as nosas caras eran un poema, sabíamos que estabamos vivindo algo que nos superaba pero que había que superalo e puxémonos man a obra e mantivemos esa xunta de portavoces cada semana”.

José Antonio Pose, polo Bloque Nacionalista Galego, pediu desculpas polos posibles erros cometidos “perdoar polas cousas que fixemos mal. Fixemos todo o que puídemos, o mellor que soubemos, e efectivamente fixemos cousas mal, perdoade”. Pose destacou tamén a importancia do que fixeron os voluntarios “non sodes conscientes da importancia do que fixeches”.

Os colectivos

A continuación foron subindo representantes dos distintos colectivos. Polo escenario pasaron os denominados voluntarios Covid, as mulleres que confeccionaron mascarillas durante os primeiros meses de pandemia, o voluntariado de maiores que realizou labores de acompañamento social e os membros de protección civil.

Tivo unha mención especial Samuel Vila, un rapaz que se encargou de subir á rede e crear a web Vedrea.net. Trátase dun mapa emocional composto por máis de duascentas fotografías recibidas das familias de todo o concello durante o confinamento.

O papel das institucións tamén foi posto en valor. Representantes de Protección Civil, Garda Civil de Lestedo, Centro de Saúde de Vedra. Caritas Santa Cruz de Ribadulla, Persoal do Servizo de Axuda a Domicilio, CPI de Vedra, CEIP Ortigueira, CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas e Politécnico de Santiago recibiron o seu recoñecemento.

O alcalde, Carlos Martínez, foi o encargado de entregar as últimas mencións, en este caso, ás empresas privadas que tamén tiveron o seu merecido protagonismo.

A solidariedade dos vedreses estivo presente máis alá das fronteiras, coas familias das familias propietaris dos hoteis Vedra e Atlantic en Bos Aires, e veciños do concello, colaboraron co goberno de Arxentina durante a pandemia. O concello enviará a ese país o recoñecemento a estas persoas.

En primeira persoa

O acto continuou coa voz dos protagonistas. Tres mulleres explicaron en primeira persoa a súa experiencia de colaboración durante o confinamento. Paula Sebio foi unha das persoas que realizou acompañamento telefónico e explicou que “as chamadas que comezaron sendo de cinco minutos pronto foron de media hora ou máis e nos contabamos cousas das nosas vidas. Foi unha experiencia que me fixo sentir que aportaba o meu graro de area”.

Carmen Mosteiro foi unha das mulleres que estiveron confeccionando mascarillas e contaba que “o fixemos coa maior ilusión e axudounos a nos tamén a sobre levar aquelo porque estabas traballando, estabas entretido, pero eu creo que a quen hai que agradecerllo é ao persoal do concello que conseguiu o material para facer as mascarillas”.

A última en falar foi Lidia Iglesias. unha das primeiras voluntarias sénior do concello e animou a todos a participar en estas accións “animo a todo o mundo a que participe, hai moita xente que está soa e precisa que lle vaian falar un pouco, están deseando que falen con eles. Ademais non é tanto o que das, é o que recibes deles”.

Peche do acto

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, foi o encargado de pechar o acto. Comezou lembrando unha frase do músico de jazz Lionel Hampton ” a gratitude dase cando a memoria se almacena no coracón e non na mente. O acto de hoxe é un acto que o pobo de Vedra tiña que facer porque Vedra ten memoria pero non na mente, senón no corazón”.

Carrillo expresou o seu agradecemento e explicou a importancia, como xa fixera o voceiro do BNG José Antonio Pose de que o recoñecemento fora dentro dun pleno extraordinario “asi poderán as vindeiras xeracións coñecer estes feitos, coñecer a vosa solidariedade, en definitiva coñecer a nosa propia historia”.

Post navigation

Previous: Alcaldes: Frades, Roberto Rey
Next: Brión conmemorará o mes da biblioteca con espectáculos gratuítos todos os venres

Máis novas

Participantes no campo de traballo monte sacro
2 minutes read
  • Xeral

Campo de voluntariado Monte Sacro

Imaxe do río na presentación do Goza do Ulla 2026
2 minutes read
  • Vedra

O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Visita de representantes da Deputación a Vedra
3 minutes read
  • Xeral

A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros

Auyotidades na Festa do Viño da Ulla
3 minutes read
  • Xeral

Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

vedra festa vinho da ulla 6 abril 2026
4 minutes read
  • Axenda

Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

Presentación XLVII festa do viño da Ulla
2 minutes read
  • Axenda

XLIV Festa do Viño da Ulla en Vedra

vedra xunta saf 1 marzo 2026
3 minutes read
  • Vedra

Medio millón de euros para o SAF de Vedra

Carlos-Martinez-alcalde-de-Vedra-slide-18-novembro-2021_4995_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.