Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

O colexio de infantil de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, inaugurou biblioteca

O Colexio de infantil e primaria de Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, ven de inaugurar a súa propia biblioteca.
vedra-nova-biblioteca-slide-5-febreiro-2024-(1)_r

Bisbarra,  5 de febreiro do 2024 – O CEIP de Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, ven de inaugurar a súa propia biblioteca.

Este novo espazo foi posible grazas a cesión realizada polo concello de Vedra. O municipio cedeu ademais un bo número de fondos que se sumaron aos conseguidos coas axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O centro, ata o de agora, non dispoñía  dun espazo propio para  instalar unha  biblioteca. Para acabar con esta situación o Concello de Vedra cedeu  dúas salas nun espazo cultural de propiedade municipal  situado nas inmediacións do centro de Ortigueira.

Nesta nova etapa e segundo o colexio contarán cun equipo de alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria que axudará a converter a biblioteca escolar nun lugar para a aprendizaxe a través do desfrute, desde o cal propoñer recursos e actividades e establecer vínculos con toda a comunidade educativa.

No  acto de inauguración contaron coa actuación da contacontos Raquel Queizás, e coas visitas do alumnado voluntario de 6º do CPI  Plurilingüe e Vedra así como  dunha asesora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia e de representantes do Concello de Vedra e da Anpa do CEIP de Ortigueira.

Post navigation

Previous: Os empresarios de Arzúa convocan o IX Concurso de Disfraces polos Bares
Next: Compostela habilitará novos aparcamentos para o Clínico

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.