займ срочно

O campo de fútbol de San Mamede, en Vedra, pasa a chamarse Manuel Silva

0

Bisbarra, 30 de agosto do 2022 – Vedra ven de nomear o campo de fútbol de San Mamede como Manuel Silva na honra de este ex presidente do club.

O acto tivo lugar no descanso do XXXIV Trofeo Concello de Vedra que enfrontou ao CD San Mamede co UD Ulla, unha das rivalidades máis clásicas entre as parroquias do municipio. En el participou o propio Manuel Silva.

Manuel Silva

Na homenaxe interviñeron Yolanda Vieiro, do BNG; Beatriz Amenal, do PSdeG; Sabela Maceira, actual presidenta do San Mamede; Manuel Lores, vogal de relacións institucionais da Federación Galega de Fútbol; Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra e voceiro do PP; José Manuel Alvela máis coñecido como Rivelino, colaborador de Manuel Silva, xogador e adestrador, e o propio homenaxeado.

Tras unhas palabras de todos os presentes diante das gradas, saíuse ao exterior onde Manuel Silva procedeu a descubrir a placa co seu nome. Nunha breve intervención o alcalde destacou a importancia do acto polo que supón a figura de Manuel Silva e tamén por tratarse dun fito histórico xa que é a primeira vez que o concello dalle o nome dun persoeiro a unha instalación municipal.

Manuel Silva, amor polo fútbol e polo San Mamede

Manuel Silva foi unha parte fundamental do CD San Mamede desde que en 1967 o equipo se federaba ata o 2017 que deixou a presidencia. Comezou xogando no club, foi posteriormente adestrador, colaborou en distintos postos e rematou sendo presidente durante trinta anos.

Durante a súa presidencia o CD San Mamede gañou en tres ocasión a Copa do Sar. Xogou durante seis tempadas na primeira rexional e chegou a clasificarse para a fase de ascenso a Rexional preferente, caendo ante o Ferrol Atlético. Cando desde a Federación se creou un único grupo na primeira o San Mamede volveu a segunda xa que manterse implicaba desprazamentos máis longos e maior custo económico. Na actualidade segue militando en segunda, categoría que gañou en varias ocasións.

De esquerda a dereita: José Manuel Alvela (Rivelino), Manuel Lores, Manuel Silva, Carlos Martínez, Sabela Maceda, Yolanda Vieiro e Beatriz Amenal

Manuel Silva deixou a presidencia nas mans de Manuel Mallo no 2016 pero o novo responsable pediulle que se mantivera xunto a el ata o 2017, momento no que o equipo cumpriu 50 anos de historia. Foi precisamente Manuel mallo o impulsor da idea de nomear o campo como Manuel Silva

A proposta foi aceptada de inmediato por tódolos grupos da corporación. A decisión levouse a pleno o pasado 22 de xuño sendo aprobada por unanimidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies