Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

As camelias de Vedra entran no catálogo de árbores senlleiras

A Xunta acaba de decidir a inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras a formación de camelias en Vedra situada no Pazo de Ortigueira.
vedra-arbores-senlleiras-slide-8-maio-2023-(1)_r

Bisbarra, 9 de maio do 2023 – A Xunta acaba de decidir a inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras a formación de camelias en Vedra situada no Pazo de Ortigueira.

Xunto ás camelias de Vedra entran tamén dúas sequoias localizadas en Teo (A Coruña), e a sobreira de Outeda, situada en Barro (Pontevedra). O anuncio o realizou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez nunha visita ao Paz de Santa Cruz ou de Ortigueira.

Acompañada polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, a conselleira explicou que o Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta pública e en constante actualización, xa que poden propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus fins a protección da natureza.

Desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este inventario de carácter administrativo foi obxecto de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso dos 4 elementos referidos e que acaban de recibir o informe favorable do Comité galego de árbores senlleiras.

No catálogo son susceptibles de incluírse todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.

No caso concreto da formación de camelias que visitou en Vedra, Ángeles Vázquez explicou que nela se recollen os camelios máis representativos pola súa antigüidade que hai neste Pazo, que alberga innumerables exemplares de Camellia japonica, ademais doutras especies e variedades diversas do mesmo xénero.

Ademais, indicou que grazas a esta nova incorporación ao Catálogo, o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla contará nos seus xardíns cun total de 10 elementos senlleiros: 7 árbores e 3 formacións.

Polo que respecta ás dúas sequoias vermellas do Xirimbao, en Teo, atópanse no couto do Couso, na área recreativa do Xirimbao. O refuxio e a zona de recreo inauguráronse en 1961, polo que se considera que estes exemplares foron plantados sobre esa mesma data e teñen unha idade comprendida entre os 60 e os 70 anos, posto que se descoñece o tamaño co que foron plantadas.

Post navigation

Previous: Eleccións 23: promesas e denuncias
Next: IV edición d o Festival Plataforma no mes de xuño

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.