займ срочно

Carreiras de montaña ao pe do Pico Sacro

0

Bisbarra, 19 de xaneiro do 2023 – O CDM Vértice abre unha tempada máis a Escola Deportiva de Carreiras de Montaña coa colaboración dos concellos de Vedra e Boqueixón.

A Escola de Carreiras de Montaña susténtase nun convenio entre a Federación Galega de Montañismo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no marco do programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Os concellos de Boqueixón e Vedra colaboran coa implantación da escola aos pes do Pico Sacro. Destacan que se trata dunha modalidade deportiva que respecta o medio ambiente e que promove actividades na natureza para os máis cativos.

A inscrición está aberta en https://clubvertice.es/escola. As sesións terán lugar todos os xoves pola tarde no Pavillón de Lestedo, en diferentes horarios en función da idade das persoas participantes. As clases serán impartidas por Verónica Calvo Dopazo, actual seleccionadora galega de carreiras de montaña.

Xogos na montaña

Verónica é licenciada en ciencias da actividade física e do deporte e mestra con especialidade de educación física, ademais de contar cun máster de nutrición. Conta con titulacións en diversas disciplinas deportivas, como a de adestradora nacional de tríatlon e natación ou adestradora de voleibol. Ten unha importante experiencia docente e está acostumada a traballar con nenos e nenas.  

A actividade estará orientada á diversión e o pracer de xogar, pois a través dos xogos, os nenos e nenas aprenderán a técnica de carreiras por montaña, coñecerán os diversos terreos cos que se podemos atopar no monte, como aplicar a técnica de carreira a cada terreo… Practicarán xogos para mellorar a condición física e para coidar o medio ambiente. Ademais, introduciranse no mundo da orientación, coa lectura básica de mapas a través de buscas do tesouro. E xa por último adquirirán nocións básicas de nutrición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies