Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

8M en Vedra

vedra 8 marzo SLIDE

Bisbarra, 6 de marzo do 2025 – O 8M leva en Vedra o lema “En marzo… Vedra é muller”, una cita que para este concello é un dia ”no que as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para gritar en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento”.

A programación de Vedra para este 8M parte da campaña de divulgación “Nós facemos historia, Mulleres visibles esquí e agora”.  En ela falarase e 31 mulleres do de Vedra  “as súas  historias , proxectos e percorridos vitais diferentes para representar a diversidade de mulleres e poñer en valor o seu papel”.

O mesmo 8 do marzo, ás 11 e antes do acto institucional, plantarase  unha  camelia pola igualdade,  coa correspondente placa , este ano na parroquia de Sta. Cruz de Ribadulla.

Ás 12 horas na Casa do Concello. Acto de recoñecemento Vedra é Muller este ano dedicado ás mulleres da banda de santa cruz , mulleres na música. O acto pechará coa lectura do manifesto.

Vedra organiza ademais unha andaina no Camiño da Igualdade o 16 de marzo. Sairá da Área Recreativa de Agronovo ás 9:30 horas e a chegada será aCarballeira de Sucira. A inscrición é gratuíta no 699 041 486.

Por outra banda  o 22 de marzo ás 10 horas e diante do pavillón polideportivo celebrarase unha xincana para familias. Esta actividade “pretende ser un punto de encontro lúdico-formativo para as diferentes familias do  concello , onde poder interactuar e relacionarse, tanto nais, fillas e fillos, pais, avoas, persoas titoras, avós, etc.” Trátase de xerar contornas igualitarias que axuden a construír un concello  libre de desigualdades de xénero.

Outro dos obxectivos é promover un espazo de sensibilización interxeneracional, respecto á igualdade de xénero, dereitos, responsabilidades e oportunidades das mulleres, os homes, as nenas e os nenos. Todo isto a través de xogos por equipos familiares co obxectivo de conseguir o distintivo “familia igualitaria”.

Para esta xincana é preciso inscribirse antes do 17 de marzo ás 14 horas.

Post navigation

Previous: A asociación morta asociación posta
Next: 8M en Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.